Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  Informe alternativo sobre o porto de Aldán ::
O enxeñeiro técnico naval de Cangas Santiago Pérez González-Arís fainos chegar un informe sobre o proxecto de remodelación da zoa portuaria de Aldán e mellora do dique de abrigo que, nas suas propias palabras, é un intento de esclarecer e achegar a información pública un mais dos proxectos que os políticos nos intentan meter polos ollos ainda que vulneren a legalidade vixente ou produzcan danos irreparables como os que aparecen nos informes que o proceso administrativo lles obriga a presentar.
En termos xerais o informe recolle e deixa patentes algunhas das irregularidades constatadas no proceso administrativo e cuestiona, apoiado por diversas asociacións ecologistas, o estudio de impacto medioambiental realizado previo á execución do proxecto.

  O informe denuncia irregularidades e propón soluciones alternativas::
Segundo o informe redactado por Tiago Arís a primeira irregularidade de importancia é a execución dunha parte do proxecto, a ampliación de superficie do peirao de Aldan, antes de estar completado o proceso administrativo e de exposición pública.

Imaxe de Vigo en fotos
No que atañe o estudio de impacto medioambiental suliña que o mesmo recoñece a erosión e acumulación de area en diferentes zonas ocupadas por bancos marisqueiros, sen recoller ninguha medida correctora para este impacto ambiental irreversible e permanente. Por outra banda, o xa devandito estudio de impacto intenta desvalorizar o medio natural calificando estas praias de urbanas con baixa afluencia turística, e minimizar o impacto paisaxistico, obviando por exemplo que se observará directamente dende o mirador do Cruceiro de Hio.
O informe engade que algo hai que non cadra neste estudio, sobre todo a calificación de impacto moderado, cando a Dirección Xeral de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente pediu que se almacenaran 50.000 Toneladas de area en previsión de posibles problemas (La Voz 03/06/2005). No mesmo artigo da Voz se recorda: " Años atrás, a raíz de la construcción de un pequeño atraque en la dársena, se vació de arena la playa que es hoy el relleno que hay frente a la nave de deportes náuticos. La playa de Arneles , vecina a Vilariño, tiene también problemas de movimiento de la arena."

Algunha das solucions que se reflexan neste informe son a creación de barreiras flotantes, facer unha prolongación do peirao sobre pilotes, que non afectara as correntes mariñas, ou a redistribución do polígono de bateas para que estas fixeran de barreira flotante ante o mar de NO, ben coas bateas tradicionais, ben cos tipos de bateas de nova tecnoloxía realizadas en tubo de polietileno.

O que parece claro, segun remata o informe, é que as cousas se deben facer con claridade e escoitando a todo o que teña algo que decir, non metendo primeiro a escavadora e comprando ou facendo calar despois aos afectados, que somos todos os habitantes da comarca e todos aqueles que veñen a visitarnos porque lles é atractivo tal como é agora mesmo.

Descarga o informe completo e actualizado en formato pdf dende aqui

Deixa a tua opinión sobre este artigo no noso foro >>

Delmorrazo.com - Octubre 2005

Volver a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir esta web
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados