|
|
|
DIAGNÓSTICO DOS DANOS CAUSADOS POLAS OBRAS NO LITORAL DE BUEU :: |
|
|
PRAIA DE PESCADOIRA ( OU DE BUEU ) Gravísima basculación da praia cara u oeste, como consecuencia da alteración da dinámica da praia a raíz da construción, en 1998, da prolongación da dársena de abrigo do porto pesqueiro de Bueu.
|
|
Ata o de agora, a pesar de ser unha das praias máis importantes do litoral de Bueu non se realizou o máis mínimo intento de rexeneración deste emblemático areal. Senón máis ben todo o contrario, xa que xurdiron varios proxectos coa fin de rechear esta praia para instalar xardíns e un heliporto.
|
|
PRAIA DE BELUSO E un feito reconocido que esta praia esta sufrindo na actualidade un transporte longitudinal de sedimentos de sur a norte (aumentando o ancho da berma na parte norte) como consecuencia da difracción do polo que forma o morro do dique do actual porto deportivo construido recientemente na zona polo ente público Portos de Galicia (2001).
Membros de ANDUXIA ( Plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu ) constataron recentemente este basculamento da praia estimándose nun metro de espesor a pérdida de area na metade sur da mesma, onde ademais están a aparecer gran cantidade de pedras. Area que loxicamente se está a acumular na parte norte da praia e no interior da dársena do porto, causando un progresivo aumento da altura da praia nesta zona. Isto está provocando o soterramento paulatino dos penedos e rochedos naturais deste punto (conocidos como “os carballiños”) e unha diminución progresiva do calado da dársena interior do porto.
|

BELUSO 1998
| 
BELUSO 2006 |
|
No seu día (1998) o proxecto encargado por Portos de Galicia calificou o efecto deste porto sobre a praia como compatible-moderado, chegando incluso a dicir que o efecto sobre a Praia de Beluso, de producirse, sería en todo caso beneficioso.
“con este estudio podemos concluir pues, que la obra va a tener unos efectos sobre la dinámica del litoral de pequeña intensidad y de caracter en todo caso positivo.” Incidencia en el entorno de las obras de ampliación de las instalaciones portuarias de Beluso. Octubre 1998.Pág. 23.
Sin embargo Costas do Estado paralizou o proxecto por consideralo unha barbaridade para a praia. Pasaron os anos e cambiaron os cargos, o que antes era unha barbaridade, agora podiase facer e as obras comenzaron no 2001. O dia da inaguración, o anterior conselleiro de politica territoral mentras descubría unha placa conmerativa co seu nome, dixo publicamente que calquera pequeno dano que sufrira a praia Portos de Galicia o subsanaría.
PRAIAS AMENAZADAS >>
|
|