"OS SALTIMBANQUIS" NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOAÑA EN QUINTELA
05-02-2010
TEATRO DO MORCEGO PRESENTA O ESPECTÁCULO MUSICAL INFANTIL "OS SALTIMBANQUIS" NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOAÑA EN QUINTELA.
A peza, adaptación dun conto dos irmáns Grimm, ten como protagonista un burro, que, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballaba na procura de mellores condicións de vida. No camiño á cidade encontra un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo xunto cunha gata, á que botaron da casa porque pasara a noite cantando. "Unidos conta a tiranía dos donos, deciden formar un conxunto musical e parten cara a cidade dos soños, compoñendo belas cancións".
VENRES 5 DE FEBREIRO ÁS 18:00 HORAS, NENOS MAIORES DE 5 ANOS. ENTRADA LIBRE
Cultura Moaña
COMENTARIOS A ESTA NOTICIA
Re:
05-02-2010
Estiven este fin de semana no Auditorio de Cangas cos rapazes e gostoulle moito, e a verdade que é moi boa. Merece a pena vela.