Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
Contoume un paxariño que un integrante do grupo é un xenio das gaitas ...

Si, Cristóbal Prieto un dos integrantes do grupo, é artesán de gaitas e ten o seu taller no Hio. Xa dende moi novo comezou a interesarse pola gaita tocando e logo interesandose por como se construía ata que se matriculou na Escola de Artes e oficios de Vigo a aprender construcción de gaita e agora e un dos mellores artesans de galicia.

Tocastes por toda Galicia, Portugal, e por varios sitios da peninsula, con todo e con iso por aquí non se vos escoita moito ... ¿ Será que vos falta apoio por parte do concello ?
Pois pode ser que si porque este estilo de musica esta moi olvidado por parte das administracions todos os apoios soen ser para outros estilo de musica que moven moita mais xente.

¿ Como valoras a vosa participación no Directo Xove 2005 ?
Esta ben que se fagan este tipo de actos para dar un pouco de apoio os grupos que comezan, pero o Directo Xove non esta enfocado para o noso estilo de musica. Ainda asi estamos contentos porque nos deron a oportunidade de gravar con outros grupos e tamen de tocar con outra xente de estilos musicais moi variados. Tamen pensamos que se lle debería dar mais bombo os grupos de aquí e non traer grupos de fora.

E falando de grupos ... ¿ De onde ven o nome do voso ?
Pois pensando que nome poñerlle un compoñente dixo que nos podiamos chamar coma o monte mais alto do Hio e como todos somos do Hio pois ese é o noso nome: RABUÑALDES.

¿ A que músicos tradicionais admirades e porque ?
Para nos dende Os Campaneiros, Os Airiños do Mar, Os morenos de lavadores ata xavier Blanco e Milladoiro. Hai moitos e moi bos que durante anos foron facendo unha labor moi importante pola musica tradicional de Galicia.

E xa para rematar ... ¿ Que cousas parécenvos intolerables a nivel musical ?
As malas referencias que ten a xente sobre a música tradicional e o pouco apoio que se da os colectivos que intentan facer calquera tipo de actividade relacionada coa música tradicional.
O exemplo mais claro témolo na Escola de gaitas que se fixo este ano na provincia de Pontevedra para crear unha banda de gaitas provincial que, co apoio da deputacion de Pontevedra, recibiu subencións que os grupos tradicionais que levan moitos anos pedindo e non puideron acceder a elas.

O mais triste e que esas bandas de gaitas non son tradicionais xa que son bandas marciais ( bandas militares ). A disposición das gaitas ( coa disposición dos seus elementos cambiada, ronco e ronqueta arriba e forma do fol retangular e non redondeada ) a percusión ( de alta tensión ) e os traxes que levan non son tradicionais de galicia. Podedes obter tódala información en la web del Colectivo en defensa da gaita

Delmorrazo.com - Enero 2006

Ver otras entrevistas >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir esta web
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados