|
|
Rabuñaldes,música tradicional galega dende O Hio :: |
|
Dende O Hio chegan aires tradicionais da man de Rabuñaldes. Estes rapaces de entre vintedous e trinta e tres anos, todos eles con estudios musicais, loitan por preservar e potenciar o que eles consideran que estase a esquecer: O respeto as nosas raices e costumes tradicionais dende a música que fixeron e escoitaron os nosos avós.
Na música dende pequenos, varios dos compoñentes do grupo acadaron premios de certa categoría coma é o caso de Alberto Coya, un dos gaiteiros do grupo, que foi primeiro no certamen Constatino Bellón.
|
 En defensa da musica tradicional |
Pola sua banda tanto Alberto Coya ( Gaita ) coma outros dous compoñentes do grupo, Cristobal Prieto e Serafin Santos ( Gaita e percusión )
acadaron en Agosto de 2005 o primeiro premio no concurso de cuartetos tradicionais no memorial Ricardo Portela en Pontevedra.
Se gustas da música tradicional galega podes escoitar dende aqui o son de Rabuñaldes.
|
|
Falamos con Rabuñaldes :: |
|
Rabuñaldes preséntase coma un cuarteto de música tradicional ¿ Ata que punto
respetades e queredes conservar os valores tradicionais ?
A idea que quixemos transmitir o formar o grupo foi a dos antigos cuartetos de gaita que durante anos viñeron o entroido do Hio tentando transmitir o que que facian eles antigamente e respetando sempre o uso de instrumentos tradicionais e tentando o mesmo tempo de innovar, compoñer e arranxar temas tradicionais ou de autor.
Falando do entroido ... ¿ E certo que o entroido do Hio e o mellor do mundo ? ¿ Como o vivides vos ?
Para nós, que somos do Hio, son os mellores para o resto da xente non sei pero todo o mundo que ven un ano soe repetir porque que a festa durante tres días esta garantizada e sempre amenizado polos gaiteiros.
Normalmente imos tocar o Entroido todolos compoñentes. Sabemos o que é ir tocar o entroido do Hio e para nos e o maximo ... para un gaiteiro do Hio ir tocar o entroido e algo moi especial.
Todos levamos moitos anos indo a tocar e esperamos poder seguir indo moitos anos maís.
¿ Que instrumentos tradicionais utilizades ademais das gaitas ?
O cuarteto esta formado por duas gaitas, tambor e bombo pero despois recurrimos a outros instrumentos que tamen pertencen a cultura galega como poden ser gaitas en diferentes afinacions, pito pastoril, requintas, pínfanos, zanfonas... En percusión utilizamos pandeiro, pandeireta, charrasco, culleres, tarrañolas, e outros instrumentos as veces algo esquecidos.
¿ Considerades que se estan a perder os valores tradicionais galegos ?
Pois a verdade e que si se estan a perder e por falta de apoio por parte das administracións publicas.
¿ Que propoñedes para solucionar isto ?
As administracións haberían de apoiar todolos actos relacionados coa cultura galega, non so a música tradicional, se non todo tipo de actividades tradicionais que estanse a perder e que forman parte da nosa cultura e da nosa historia.
¿ De que cousas séntese orgulloso Rabuñaldes ?
Sentimonos moi orgullos de transmitir parte do legado que outros gaiteiros comezaron a facer séculos atrás e de que a xente valore o noso traballo e disfrute con todas as nosas actuacións, que en definitiva o que mais importa e que a xente que nos vaia mirar saian contentos dunha boa festa, e que se decaten que aínda hai xente que se interesa pola nosa cultura tradicional.
¿O feito de que aínda non teñades páxina web está relacionado con ser tan tradicionais ?
Non, a verdade e que estamos mirando para facer algo e penso que en pouco tempo teremos algo por internet.
¿ Que opiñades de internet como medio de comunicación e difusión de ideas ?
Pois e un medio moi interesante cunha difusión moi grande e que cada dia vai a mais.
|
Seguir leyendo la entrevista >>
|