Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://kathleencooperfinepapers.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
PROXECTO DE ORZAMENTOS DA XUNTA PARA MARIN31-10-2006
Haz click para ampliar O ano pasado enviamos unha carta ao Presidente Touriño manifestándolle o noso malestar polo maltrato que nos orzamentos se lle daba a Marin. Criticabamos publicamente, unha vez máis, que os novos inquilinos do goberno da Xunta esquecían,ao igual que os anteriores, que o noso concello estaba no mapa e nel habitaban máis de 25 mil persoas.

Este ano, moi ao noso pesar, temos que manifestarnos contrariados e facer público de novo o noso rexeitamento do proxecto de orzamentos para o ano 2007 que elaborou o goberno bipartito.

Marin volve aparecer coas dúas eternas partidas, que ano tras ano cambian de contido pero que seguen sen materializarse. Estas son as referentes ao auditorio por 1.418.379 de euros e un convenio co Ministerio de Fomento por 1.000.000 de euros.

Volvemos ter uns orzamentos que xogan coa indeterminación das partidas para así poder dispor dos cartos dun xeito partidario nun ano en que se van celebrar as eleccións municipais. O que tanto se lle botaba en cara ao PP veñen facelo agora o PSOE e o BNG.

Cal é a xestión do actual goberno municipal ante a Xunta? Semella ter pouca capacidade, aínda que hai que recoñecer que este ano algo fixeron: algunha inversión en saneamento e as beirarrúas de Mogor, obras feitas por consellarías da mesma cor (PSOE). Tamén fixeron a circunvalación que ademais de non levarnos a ningures e sofrer derrubes cando chove non arranxa os problemas de tráfico que padece Marin.

Onde parece que teñen menos posibilidades de incidir é nas consellarías do BNG, que non invisten nun concello gobernado polo PSOE e por Mar-In ("grupo polo que teñen especial predilección") castigando así a todos os cidadáns co seu sectarismo e privándonos, igual que facía o PP, do que nos corresponde. Por que non entramos nos roteiros culturais organizados pola Consellaría de Cultura?, onde están os investimentos en vivendas sociais da Consellaría de Vivenda?, por que a Consellaría de Quintana non fai Galiescolas en Marin nin un centro de día para os maiores?

Nesta dinámica de abandono por parte das institucións o noso concello vai continuar vendo como nos quedamos retrasados en equipamentos fundamentais para darlle aos cidadáns os servizos necesarios nunha sociedade moderna. A sensación de que aquí nunca se fai nada e de que temos un concello paralizado, que ten a poboación é necesario cambiala con actuacións decididas por parte das distintas adminstracións. Marin non se merece este maltrato, non somos un barrio periférico de Pontevedra. Somos un concello con moitos habitantes que se merecen un respeto por parte do goberno de turno, sexa da cor que sexa.

Este ano non lle imos escribir ao Sr. Touriño, mais queremos lembrarlle publicamente algunhas das reivindicacións que fixemos e que continuamos demandando:

· A construción dun novo Centro de saúde

· A construción dunha nova biblioteca

· A construción do pavillón de Seixo

· A protección e posta en valor do amplo patrimonio arqueolóxico

· A construción das vivendas sociais

· A mellora das vías de comunicación do morrazo que melloren a comunicación interna Unha nova gardería para os nenos (Galiescola)

· Un centro de día para os maiores
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalsita


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados