Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://parjustrec.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
CANDIDATA18-10-2006
pOR FIN TOCARON CAMPANAS DE BODA NO PSOE CANGUES XA TEÑEN CANDIDATA SAI MO FIXO SABER O SEU SECRETARIO E FIEL ESCUDERO O COMPAÑEIRO PAREDES CANDO CHAMOU A MIÑA CASA PRA PEDIRME O VOTO ALISTA QUE EMCABEZARA a EXMA SRA DOÑA CARMEN AVENDAÑO QUE PENA ME QUEDA NON PODER ASISTIR A ESA ASAMBLEA PERO DINME DE BAIXA CANDO MIREI O ESPETACULO QUE DEU ALGUN NA ASANBLEA DONDE SE ELEXIU UNHA UNHA EXECUTIVA VOTADA POLOS MILITANTES NON COMO QUERIAN CATRO DIRIXIDOS POR ESTA SEÑORA QUE AHORA DESCUBRE O QUE QUERIA DESDE LOGO A MIN NON ME ENGAÑA CO MEU VOTO QUE NON CONTE NAS MUNICIPALES FAGOME INSUMISO.
BENEGUAI


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CANDIDATA18-10-2006
me pregunto yo..¿en este foro ultimamento no hay mas denuncias que de politica? Joder, pues ya podriamos escribir de otro tema !que ya aburre!
RE: CANDIDATA18-10-2006
encantome o feito de que romperan a barrera do aparcamento da lonxa, e perdon para os que se ofenden pero cada vez que teño que aparcar no centro arrepintome de ter carro
RE: CANDIDATA18-10-2006
1º Este Beneguai non é o auténtico, é falsificado, só hai que ver o estilo da súa escrita. A non ser que obedeza a unha dobre estratexia súa: por unha banda distraer a tención sobre si mesmo (non sei se é certo, pero dá a impresión que o "cacharon") e pola outra desviar o debate sobre o benegé, que o pobre xa non daba abasto e estábanlle a caír por todos os lados.
2º No tocante ao PSOE, non sei se Carmen Avendaño vai ser a candidata, pero coido que sí merece un pouco máis de respecto dese pobre "botarate" que escrebe. Porque é unha señora culta e intelixente, loitadora e con principios (o problema é que no PSOE de Cangas non están afeitos a xente así) Algúns prefiren aos Penas, Alfredos, Salías, Barrabís e outras herbas antes do que a xente preparada. ¿Por que será?..

Dende logo, se é certo (que o dubido) que a Avendaño vai encabezar a lista, non sabe onde se mete. ¿Que necesidade ten ela de tragar sapos dese calibre?
Faime caso, Carmen, que che quero ben, e manda a todos a fritir chourizos.
COCHENO
RE: CANDIDATA19-10-2006
Así que un secretario que se chama Paredes, segundo este beodo internáutico, chamoulle para pedirlle o voto para Carmen Avendaño. Ojala fose certo porque se algo fai falta en Cangas é unha muller cun par de ovarios ben postos. En calquera caso esta muller xa demostrou todo o que tiña que demostrar, e non como algunhas chiquitas guais que na súa vida deron un pau ao auga. Non lle caiba dúbida a este beneguai que se Carmen Avendaño quixese ser candidata á alcaldía de Cangas, o que menos ía necesitar é o apoio de mindundis como el.

De calquera xeito resulta alentador saber da súa propia boca que non fai falta varrer a porquería dese partido porque se marcha ela solita, seguramente buscando un sol que lle quente máis o peto.

Mal socialista debía ser este individuo cando demostra ese desprezo por unha muller que fixo máis por Cangas en media hora da súa vida que o impresentable ese en toda a súa lamentable existencia.

Presentate ti, paspán.
¡qué morrazo tés!
RE: CANDIDATA19-10-2006
BENEGUAI, ESO ES FALSO
PARA EL MENTIROSO COMPULSIVO
RE: CANDIDATA20-10-2006
Cochino: é certo; ese BENEGUAI é falso. É dos que lle pegan ó teclado coa ferradura. Ora ben, ¿o teu non será un tanto paranoia con iso de sospeitar? Quería tomarme uns días de vacacións e vexo que non hai forma. Pero a ver se sodes capaces de dicir dúas cousiñas razonables, índa que sexa solo durante unha semana.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: CANDIDATA20-10-2006
Beneguai:
¿Por que cando escribes tes a necesidade irrafrenable de tentar alcumar á xente: cochino, ferradura, rabo, aporrear...? ¿Non terás algún complexo de inferioridade mal curado? Vai e que cho miren, porque pode derivar en algo peor.
COCHENO
RE: CANDIDATA20-10-2006
Cochino:

Vendo a túa inalcanzable superioridade ética, o teu exacto discernimento do ben e do mal, a túa intachable conducta cochena (de esquerdas), o teu olfato para localizar a un corrupto, incluso cando a corrupción solo é tendencia, a túa clarividencia para adiviñar o que vai pasar e os móviles rastreros de todas as conductas humanas, a túa omnisciencia sobre o pasado, o presente e o futuro como devenir do universo político cangués/vigués/galego, o teu inquebrantable ánimo xusticieiro disposto a denunciar ó ladrón incluso antes de que empece a roubar -máis vale prevenir que lamentar-, un non pode sentir máis que complexo de inferioridade, o mesmo complexo de inferioridade que sentían os herexes ante Torquemada, o mesmo que sentiron os italianos durante vinte anos ante o Duce, e o mesmo que senten agora millóns de occidentais cando escoitan a voz divinamente inspirada de George Bush, que como ti sabes que aquel é un ladrón porque vai roubar e un corrupto porque vai corromperse, sabía tamén que Irak en potencia tiña armas químicas, que Irán en potencia vai ter a bomba atómica e que Cuba en potencia vai invadir EE.UU. e Latinoamérica -así se inventaron os ataques preventivos. Ante ti, oh inmenso lider, non podo máis que sentir complexo de inferioridade, pobre de min infeliz que sigue pensando que "tor er mundo é güeno". Pero desde o meu incurable complexo de inferioridade, seguirei chamándoche cochino puritano neonazi asta que demostres -ou o tempo demostre- os litros de baba que botaches desde o púlpito noutra páxina. ¡Joder, macho, e a ver se me deixas coller uns días de descanso, que xa aburres!
BENEGUAI DE CANGAS
RE: CANDIDATA21-10-2006
Mira tío: o teu complexo é teu e non tentes traspasalo. E menos a alguén normaliño coma min. Nin líder, nin pontífice nin "mandado" coma tí. Somos milleiros no país (Galiza), tío. Abre os ollos, que os bechos raros sodes vós "os correveidiles" que cada vez tendes menos futuro. A vosa labia e os vosos principios duran o que dura o mando dos vosos "ventriclocuos":É dicir, os que falan por vós e vos pagan cun prato de lentellas, mentres eles se enchen de marisco. Ti sigue defendendo o indefendible que polo menos así te entretés e non te dedicas a outras actividades méis perigosas que o falar, que como ben di o refrán : ¡Non ten cancelas!
COCHENO
RE: CANDIDATA21-10-2006
Ademais de clarividente, alusinado. ¿É que vos vedes a través do cu do vaso dun cubata, e entón contas miles? Eu no único sitio que miro "miles" é na Quintana no 25 de xullo e en Vigo o 1 de maio cando convoca a CIG. Despois, nalgúns sitios miro centos (cando convocan os independentistas radicais superguais: AMI, Nós-Unidade Popular...) ou ducias (cando convoca a FPG a as Redes Rosa Púrpura del Cairo, ou algo así). Cochino, non me estraña que sexas normaliño e sexas líder: miras a través do vaso do cubata e miras miles que son todos igualiños a ti.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: CANDIDATA21-10-2006
¡Ah, e renuncio, tiro a toalla, me ne vado, me ne frego, voume embora, estou asta os güevos! Déixoche a última palabra nesta páxina de pura desesperación. ¡Non!¡Non!¡Non!¡Nooooooon! Se a min e a ti no fondo impórtanos un carallo se vai de cabeza de lista Carmen Avendaño ou o cabalo da ex-colexiata, joder, que facemos enchéndolle a páxina ó PSOE?
BENEGUAI DE CANGAS
RE: CANDIDATA21-10-2006
Beneguai: Pra que poidas descandar tranquilo. Cando dixen que eramos milleiros na Galiza, referíame ás persoas "normaliñas" e sen carné de partido. Descansa e non vexas independentistas por todas partes. Hainos e ten que habelos, pero aínda son minoría, home.
¡Non te esquezas de tomar a pastilla! ¡Un bico!
COCHENO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados