Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
carbon dating circular reasoning
Indispensables
Donde ...
Guia
SALVEMOS O PARQUE EGUREN, O AUDITORIO EN A RAñA16-10-2006
A falla de equipamentos sanitarios, culturais e administrativos está provocando que a nosa vila se transforme pouco a pouco nunha cidade dormitorio dependente de Pontevedra, onde atopamos unha oferta cultural, de lecer e comercial da que carecemos en Marín.

Un concello que non é capaz de reter nen aos seus propios habitantes para realizar as xestións e tarefas máis cotiáns vai perdendo pouco a pouco a sua identidade, desaparece a vinculación co lugar onde se vive.

É unha responsabilidade política do goberno municipal encamiñar esta situación, e hoxe non o están facendo como non o fixeron anteriores corporacións. Continuamos carecendo, a pesar das múltiples xestións e negociacións, do novo centro de saude, da segunda notaria, do rexistro da propiedade (actualmente en Pontevedra) e do ansiado auditorio. A isto temos que engadirlle que estamos fora dos circuitos culturais da Consellaria de Cultura, claramente por cuestións de revancha política.

Por todo isto é fundamental a construción dun auditorio, pero o proxecto foise retrasandose polo nulo interese demostrado no anterior goberno da Xunta en realizar ese investimento na nosa vila. Esa posición reforzouse polo baile de ubicacións propostas polos distintos grupos municipais, que son incapaces de poñerse dacorno na máis pequena das decisións.

Estas propostas foron encamiñadas a situar o auditorio no “centro” da vila, no Parque Eguren. Esto suporia a desaparición dun dos parques que ten máis aceptación e é o lugar de xogo de moitos rapaces, un dos poucos sitios onde poden xogar en Marín. Poñer o auditorio no porto, opción xa desbotada pola Xunta, superia levantar unha nova barreira entre o mar e a vila.

O noso concello non é moi grande, pero ten extensión abondo para atopar unha ubicación axeitada para unha instalación deste tipo. Ao noso entender unha actuación normal seria buscar diversas localizacións e decidirse pola que menos custe social e económico teña, ampliando os espazos de lecer con que contamos sen deteriorar os que hai.

Na zona de A Raña, á beira do instituto e da piscina municipal, hai terreos abondo para a construcción do auditorio e o necesario espazo para aparcamento á beira do campo de futbol e do pavillón, transformando esta zona na gran área de equipamentos de Marin.. Ademáis, se hai vontade, podese integrar no proxecto o Pazo da Raña e proceder a súa rehabilitación.

Para levar isto adiante é fundamental o acordo dos grupos municipais e a negociación coa Xunta de Galiza, que ten unha débeda histórica con Marín, materializando a modificación do proxecto actual.

Consideramos que a participación cidadán, que case todos os partidos levaban no seu programa eleitoral, manifestando o seu posicionamento sobre os grandes proxectos que se teñen que realizar en Marín é fundamental.

É por isto polo que nos decidimos a propoñer e SOLICITAMOS:


? A localización do auditorio de Marín na zona de A Raña, en terreos limítrofes ao instituto da ESO e da piscina municipal.

? A integración e recuperación do Pazo da Raña no proxecto do auditorio.
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SALVEMOS O PARQUE EGUREN, O AUDITORIO EN A RAñA16-10-2006
Marín pueblo infeliz.
Que queres que che diga que non sepas de Marín.
Que me da vergoña ser deste pobo?pois si,porque o que ti comentas é verdade,como tamén o é o problema do tráfico,e que lles estamos a dar un sueldo a unha pandilla de vagos e chulos como son os municipais.
E isto que digo é con razón.
O outro día chegou meu pai do mar e descargou o peixe diante da casa,e como estaba encima da liña amarela chamaronlle a atención,con razón,claro está.
Pois o cabo de dous días chamei por teléfono a estes individuos para que viñesen porque había un coche aparcado na liña amarela,e alí non se presentou ninguén.
Eu por sorte traballo en pontevedra,e a marin solo bou a dormir,pero cada vez que paso co coche por ezequiel masoni envenenome,porque alí cada un aparca donde lle peta,encima dos pasos de peóns,enriba das isletas,etc.
E a estes municipais e a este puto alcalde que temos importalles un carallo.E o mais triste é que non temos alternativa de goberno.Eche así
UN DE MARIN
RE: SALVEMOS O PARQUE EGUREN, O AUDITORIO EN A RAñA16-10-2006
Se non hai opcións, no canto de queixarse o que hai que facer é tentar crealas. Non podemos agardar a que veña ninguén a solucionarnos os problemas, senón que debemos traballar para coller o timón deste barco desnortado que parece o concello de Marin. Animo veciños de Marin. Crearemos un concello á altura dos nosos soños, cando tod@s nos xuntemos e dunha patada chimpemos da súa poltrona aos polític@s profesionais que ocupan o noso concello.
o revoltoso
RE: SALVEMOS O PARQUE EGUREN, O AUDITORIO EN A RAñA19-10-2006
que salvar nin que nada , que a este paso marin vai tomar polo cu de como estan as cousas,,esto é unha veija aberta o que cada quen fai o que lle peta,,eso si nada é de proveito para o pobo,,e o concello se queres reclamar os teus dereito inda por riba se rin de ti
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados