Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://nishinari-pr.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
UNHA MÁIS DOS BNGHETAS16-10-2006
O BNG seica vai facer desaparecer o carácter asambleario da súa organización sustituíndono por delegacións e vai darlle independencia de decisión fóra do partido ós seus conselleiros no poder. Que democracia e que progresismo de esquerdas e nacionalista. Estes xa hai tempo que perderon o norte e o pouco que lles queda e de boquilla o van facer desaparecer de inmediato. E despóis din que representan ó pobo ¡¡ Cada vez represéntanse máis a eles mesmos/as, a unha élite tecnócrata e nacional-burguesa galega, vendida ó neoliberalismo internacional e promotora dunha papanatería cultural e social pseudomodernista e mediática.
UN DOS DO NON


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS16-10-2006
A min dende hai tempo que deixou de interesarme o que fai ou deixa de facer o Bloque. Son como os outros grandes só que estes van ir de capa caída aínda máis do que están. E vai haber máis escisións que a ostia.
Democracia popular
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS16-10-2006
Eu non entendo moi ben a montaxe. Dúas consellerías que teñen e xa comen na mesa con Amancio Ortega?. Non o creo posible. Por certo, o BNG de Cangas presentou alegacións o outro día contra o Plan de Usos do porto, habería maneira de miralas en internet en algunha parte?
tiago
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS16-10-2006
¡Hai que ver o que adeprenderon no pouco tempo que pasou dende que os dereitosos de CIU os recibiron no seu clube elitista! Agora seica van facer campaña con Artus Mas (¡manda carallo!) nas eleccións." ¡Emigrante gallego, no votes izquierda, ni nacionalista ni de la otra (Esquerra Republicana ou Iniciativa per Catalunya), vota a los nuestros: Convergencia i Unió (Mas. Pujol, Durán i Lleida). ¡Esos son nuestros socios! ¡Ellos y sus negocios!
¡Quen vai escoitar ao Quintana de satélite colonizado! ¡Redios!
cocheno
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
A última escisión que tivo o Bloque foi en 1987(¡hai dezanove anos!) e quedaron na cuneta os picolinos, que despois se escindiron en FPG e radicais radicais, e despois en radicais radicais radicais e despois en mocidades radicais radicais radicais radicais... e despois intentaron unirse en radicais de centro... e andan a tortas con tres manifestacións cada 25 de xullo para ver quen é máis puro e máis habano. Porque os nacionalistas de pacotilla e de taberna non entenden varias cousas, todas elas ditas por Castelao hai moitos anos: primeiro ser, e despois triunfar; para moldear un pobo de barro hai que estar disposto a mancharse as mans; e o máis prezado que temos os nacionalistas (o único diriamos, neste pobo de barro) é a unidade. Os radicais de taberna seguiredes discutindo ata o infinito quen é máis puro e máis radical (ata que quede sólo nunha beira Mariano Abalo e na outra Antón García Matos, e os demais dándolle o biberón ás vosas criaturas nunha familia burguesa fetén e berrando nos foros que todos os políticos son iguais e que estades desengañados (digo eu quen ostia vos mandou engañarvos?). Os que sabemos distinguir entre luxar as mans de barro e ter as mans de barro seguiremos mantendo a unidade, por muito que vos pese. OS NACIONALISTAS GALEGOS SOMOS NÓS, O BNG, e fóra quedou a anécdota, ou sexa, os resentidos.
BNEGUAI DE CANGAS
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
Iso de defender a unidade como ben supremo, mesmo por enriba de comportamentos éticos ("hai que manchar as mans") ten un tufo a Franco ese home e a José Antonio Primo de Rivera que bota para atrás. Vós perseverade, que ao mellor ata chegades a confluir con eles polo ben supremo "de la patria".
Tentar ridiculizar ás minorías, escindidas ou non, só por seren precisamente iso, minorías("anécdota, resentidos") é un comportamento prepotende e totalitario propio de "novo rico" que esqueceu de onde ven e mesmo cara a onde ía, para poñer como obxectivo supremo a defensa dos seus propios intereses tentando identificalos cos do seu país (Pujol, Mas...).
Ademais, non esquezas que todos vos erades minoría ata hai ben pouco (¡A Historia non se escrebe en quince anos, paspón!) e cara aí camiñades con paso apresurado outra vez. Coa diferenza de que, desta, corredes o risco de volver ser "anécdota" pero sen coherencia nin credibilidade. "Coas mans cheas de barro", como ti ben dis, pero non de moldear país ningún, senón, como moito. de "amasar" o proveito persoal de catro yuppies que vos dirixen e, polo que vexo no teu caso, ata teñen dotes de hipnotización (¿ou será idiotización?).
COCHENO
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
VOTA FPG, que Blolque nin que gaitas...
Chuco
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
los nacionalistas galegos somos nos... ja, ja, ja....

xa quedan moi poucos, están en perigo de extinción dentro do bng. ou marchan ou os botan.

neorexionalistas que cada vez falan máis en español e gostan de bailar cos vellos e levalos de papadas para roubarlles os votos.

onde fala o bng de autodeterminación, cando defenden o idioma, o noso ecosistema.
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
Parece coma se algúns estivesen descubrindo agora que este bneguai nin se asemella ao de fai dez anos. E menos a presenza destes novos señoritos da nova dereita nacionalista. Non hai máis que ver quen son os seus aliados no resto do Estado español: PNV e CIU, as dereitas rancias e ultracatólicas, que utilizan o argumento independentista só nas campañas electorais cando hai que enganar e rabuñar votos como sexa.

E se encima quen saen a dar a cara nos foros son estes tipos finos como bneguai de Cangas, cos seus aires de grandeza, desprezando a quen fai dous días eran os seus propios compañeiros de partido, a desvergonza e maoir se cabe.

Estes pijitos do nacionalismo están entusiasmados desde que tocan poder. Agora crense os reis do mambo, e para evitar que lles movan o trono desde abaixo, desde as asembleas, que mellor que cambiar o sistema e nomear delegados aos que sempre será máis fácil enganar ou, directamente, comprar. Agora estes mozos se codean con capitalistas e burgueses, e non só para aparentar, senón tamén para "amarrar", para "pillar".

¿Cémo se explica, entón, esa brutal, encarnizada e numantina defensa dos bneguais de Vigo a un Plan Xeral que satisfai tanto aos promotores e aos constructores?

Non esquezamos que no Plan Xeral inicial, de Consultora, e que tiña o visto bo de PP, BNG e APROIN, informouse e ata algún intentou defender alturas de entre 18 e 15 plantas en zonas como Beiramar (adios ao Vigo aberto ao mar), e tiveron que recular con rapidez ante unha opinión pública escandalizada por semellante desatino.

Se désemos por boa a información de bneguai de Cangas que fala neste foro de que a nosa Clarita entrevistouse en Vigo con Ubaldino, cousa que poño en dúbida porque ese señor non aceptaría reunirse cunha don ninguén, pero, insisto, si fose certo alguén pode explicarme ¿que tería que discutir unha concelleira bneguariana cun constructor con intereses en Cangas? ¿Un cambio de opinión favorable a un proxecto paralizado? ¿Un prezo? ¿Estaría Clarita facendo unha rolda por Vigo solicitando ayuditas voluntarias e anónimas para financiarse, legalmente claro, nas próximas eleccións? ¿Ou, simplemente, tería pensado construírse Clarita un duplex e estaría buscando axuda de profesionais cualificados?
Existe por aí un devandito, sobre "a muller do César...", que conviría que estes pijines fosen aplicándollo.
mais supersupersupernacionalista que bneguai de Cangas
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
¿Que se pode esperar dunha tropa que con coñece nin lle interesa Castelao?Iso quere dicir que sodes vós os que non sabedes de onde vindes, non sabedes quen sodes nin o que pintades. Podedes ser independentistas ou bebedores de cerveza. Para o país o resultado das vosas pajas é sempre o mesmo: cero. ¿Cóntovos algo da vosa historia? Primeiro (1988) existiades en Cangas, Moaña, Santiago de Compostela, Muros, Lugo, Ourense, Vigo, A Coruña, Fene... e un longo etcétera; despois (1999) quedástevos en Vigo e Cangas (e na Praza do Toural o 25 de xullo). Agora ides quedando en Cangas e para de contar. É probable que en dous anos queden só catro vellos roqueiros no Chiapas. ¿Os nacionalistas galegos sodes vós? Pois apaga e vámonos; entón os nacionalistas galegos non somos nada. Por certo, a ver quen me explica por que os nacionalistas independentistas máis radicais e puros do mundo mundial van do ganchete a unhas eleccións con Izquierda Unida e os seus sucedaneos antinacionalistas. ¿Será por amor ó idioma? Encantado de facervos discurrir e botar baba.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
Beneguai:
¡Ti si que es un "resentido", tío! E como xa dixeron antes, cuspes veleno por todos os poros da pel (se é que non a mutaches xa en coiraza prepotente). Nunca, na miña vida, vin un tipo que se diga de esquerdas máis facha ca ti (¿ou ti xa es da camada que non se di de esquerdas?) ¿É peor ir a unhas Municipais con Esquerda Unida (co dos sucedáneos antinacionalistas non sei a quen te refires) nunha alternativa de "esquerdas", que apoiar á dereita catalana? ¿Ou que pactar co PSOE e dicirlle sí, amén a todo, "non vaia ser que nos boten" (con b)? Mira, ghichiño, ou es un paspán, cun lavado de cerebro impresionante e sen cura, ou es un dos "chupiguais" que defendes algún "minimachito" ou un postiño con soldo ao que probablemente non puideches acceder por outra vía.

Polo estilo e algo do vocabulario, sospeito quen podes ser e ¡pobriño! ¡Prepara unhas oposicións ou procura un choio e non perdas o tempo, que xa vas indo maiorciño!
REIXA
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS17-10-2006
falade claro dunha vez e esplicádenos o urbanismo que queredes para Cangas
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS18-10-2006
Pero ¿é que en Cangas non hai máis xente do bloque que ese tal beneguai, que contesta a todo e non fai máis que ladrar? Por favor, fichade a alguén a correr, que se vos cae a chabola. E a ver se alguén se digna a contestar en serio cando menos a algunha das cuestión que vos botan enriba.
ATAHUALPA
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS18-10-2006
Querido Atahualpa, amigo:

Beneguais somos moitos, máis dos que cres e ó millor non o que cre algún. É imposible falar en serio de urbanismo cando o problema non é o urbanismo, senón os taconcitos, os supostos cazos, un señor de Vigo que se chama Ubaldino e ninguén sabe quen é, pero debe ser moi malo (polo visto, peor que os que están facendo as barbaridades na Pedra Alta, na carretera de Rodeira, na carretera de Coiro, no Atranco, etc.), ou de se as consultoras, os artepláns, os Juan Lagos, etc. Desde a miña humilde prepotencia que non mata nin espanta estou a ver se máis de catro teñen unha descarga de adrenalina tan grande que se lle enganchan tres neuronas á vez e sale unha idea nova, porque de veras que xa me aburre levar tantos meses calado lendo ós mismos que din sempre o mismo chamándolle ladrón e traidor ó veciño e dicindo que todo dios é malo malón, como quen pontifica desde o altar da súa pureza de estar todos os días rascando os collóns. Simplemente quería experimentar que tal o levaban cando lle levan a contraria e xa o averigüei: lévano mal, mui mal. Fatal. Son tan enemigos de Sotelo, como de Encarna Santos, como de Clara Millán, como antes o eran do teatreiro de Pazos, asta que agora se amigaron. Pobre concello de Cangas, pobre esquerda de Cangas e pobre nacionalismo de Cangas. Creo que temos Sotelo para rato, porque polo menos ese ten claro o que quere e base suficiente para impoñelo. Os outros, nin saben o que queren nin son capaces de respetarse para sabelo. ¿Como se poderá falar de urbanismo neste foro se os contertulios solo saben falar de merda colgada nun ventilador?

Pd: Amigo nacionalista independentista radicalista esquerdista: a) Os nacionalistas antes somos nacionalistas e despois o que sea. Con un par. Que che explique o teórico da túa Frente que é unha frente e por que á súa lle chamou frente, e non por exemplo Partido Comunista Galego. Outros son o que sea, e se cadra ás veces van de nacionalistas. Ti escolle. b)Unha cousa é andar xuntos e outra durmir revoltos. Aliarse co PSOE é un accidente como outro calquera; ir nunha lista con IU e outras especies é para un nacionalista como montar unha cama redonda, vamos, moi excitante, pero unha promiscuidá e unha obscenidá. Un beneguai nunca o faría.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS18-10-2006
Perdoa que che diga querido amigo pero heiche pasa-los estatutos do partido ó que te refires onde poderas ver que é un partido comunista co seu comité central e as súas historias.
V.I. Lenin
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS18-10-2006
Que un beneguai nunca o faría di o tío. Iso agora porque vos sentides uns prepotentes e que vades sacar a outra de alcaldesa. De ilusións tamén se vive. E acaso non estivero xa aliados en Vigo BNG e PSOE? E na xunta? E total pa que? Pra nada para estarmos igual ou de xeito parecido. Xa miraremos cando traiades a Quintana nas municipais. Vaia cara dura, despois de dicir nun mitin en Cangas, antes das nacionais, que con el non ía o plan xeral arriba, cando ben se lles ve ós do BNG as súa intencións.
Chispa Negra
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS18-10-2006
¡Pero que osados sois! ¿Cómo se os ocurre intentar establecer un diálogo con alguien está por encima de todos nosotros! ¿No veis lo ocurrente que es, la inteligencia que derrocha y la simpatía que desborda? Que si junteis tres neuronas, que si sois unos ignorantes,...

Además, no os dais cuenta de la estrategia de esta lumbrera. Todo esto él lo hace por el bien de las esencias nacionalistas. ¿No lo veis? Os lo explico. El tipo sólo intenta cabrearos y haceros creer en el bneguai son todos como él: prepotentes, chulos, desquiciados y, sobre todo, dispuestos a mancharse de mierda si vale la pena (no se puede ser nacionalista de pro sin pasta en el bolsillo, sin codearse con la creme de la creme), eso si, todo bien aderezado con las convenientes dosis de patrioterismo nacionalista de pitiminí. Bien. Como decía, el bneguai éste pretende cabrear a todo quisque: frentistas, comunistas, socialistas, peperos... ¿pará qué buscarse tantos enemigos? Fácil. Unas vez demostrado fechacientemente que son unos cabrozanos de mucho cuidado, que sólo buscan llenarse el bolsillo, el electorado abandonaría a su suerte a esta nueva hornada de pijos-nacionalista, que se darían un batacazo de cojines y, gracias a este tratamiento de shock, volverían a ver la luz y rescatarían las esencias de lo que fueron y que, por codicia, abandonaron.

Moraleja. Ayudemos a estos perdidos chicos del bneguai a recuperar su memoria y mandémoslos entre todos a freir nabos duros.

Gracias, bneguai de Cangas. Por fin te hemos comprendido.
el más y mejor pseudonacionalista de pro
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS18-10-2006
En fin, voume a outra páxina que esta xa me aburre. Non conseguistes entrelazar as tres neuronas, pero debo recoñecer que soltastes adrenalina e conseguistes escribir unhas mensaxes de máis de catro liñas. Todo un logro. Hasta lue...hasta lue... hasta luego, amigos.
BENEGUAI DE CANGAS
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS19-10-2006
Adeus, bneguai, espero que agora non o pagues cos crios no foro da Disney.

Non mo mareeis moito, rapaces, que vai moi delicado.
corre... caminos, que el coyote te va a coger...
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS19-10-2006
Así, así me gusta. Non sabedes como disfrutamos algúns coa desfeita das chamadas "esquerdas", os do frente odian os do bloque, os bloqueiros desnortados, os do psoe sin dar palo, e eses outros que desde hai tempo so queren vivir do conto alíanse co diablo. ¡qué facil nos poñedes as cousas para maio! Eu xa comprei os foguetes
GAÑADORA
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS19-10-2006
Pois ten coidado que non che vaian estoupar antes de tempo. Mais que nada polos "danos colaterais" que poidas ocasionar e aos que estades tan afeitos.
De todos xeitos alédame ver esa alegre disposición de ánimo e "ese firme el ademán". Así a ostia das municipais vaivos doer aínda máis.
COCHENO
PARA GAñADORA20-10-2006
Pois non cantes tanta vitoria fílliña que como o partido de Faro Lagoa saque namais que 400 votos xa vos fode a maioría absoluta mínima. E por outra banda todo o mundo sabe que o PP vai baixar, con ou sen Sotelo. E non te apures que a coalición de esquerdas que liderará Abalo vai dar que falar. Poida que eles e os do PSOE (que non o merecen) sexan os beneficiados a nivel de votos.
Hordas Marianistas
RE: UNHA MÁIS DOS BNGHETAS22-10-2006
Quen non se consola, Gañadora, é porque non o quere. Falas de desfeita seguramente prognosticando a que se dará no PP en Cangas.

Por unha banda Abalo, que se en solitario sempre obtén os seus 900-1000 votos, ou sexa, 1 concelleiro, con esa estraña alianza (sumando a Sangabriel e a Pazos), pode chegar aos 1500-1600 votos e iso significan 2 ó 3 concelleiros.

Logo temos ao PSOE, que por moi mal que lle vaian as cousas e aínda no peor dos casos repetiría con 3 concelleiros, aínda que sabemos que nestas circunstancias, cun PP á baixa, poden caerlle 4 ó 5, sen apenar decatarse.

No BNG fanse rogativas por manter os 6 concelleiros, pero ata eles témense unha caída a 5 ó, no peor dos casos, 4.

Gañadora, debería saber que o teñen complicado para manter os 11 concelleiros, obtidos na mellor das circunstancias, co PP en Madrid e en Santiago, e que a perdida destes dous poderes poderíalles facer perder 1 ó 2, ademais do terceiro concelleiro que o perderían se Nardito e os seus amiguetes seguisen coa idea de presentar unha lista de independentes do PP, que só serviría para restar votos ao PP "auténtico".

Si é isto o que lle fai tanta graza a "Gañadora", ríamonos con ela, e dela, porque a pobrecita aínda non se deu conta do que lles vai caer enriba.
agorero
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados