Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://astralgrouponline.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
CONCENTRACION SILENCIOSA .... E TANTO !!04-08-2006
¿ A vos parecevos normal que se convoque unha concentración pra condear o que pasou onte en Moaña co asasinato da rapaza chinesa e que os que tiñan que dar explicacións e tranquilizar os comerciantes e o pobo en xeral estean por ahí nada mais que pra sair na foto ?
Eu entendo que cando se fai un acto coma este o minimo e que no palco estean as máximas autoridades e os representantes que convocaron a concentración e non os periodistas quitando fotos os que andan por baixo. Foi lamentable de verdade.

Coido que faltou un ramo de frores, xunto as velas, coma un sordo homenaxe a esta rapaza chinesa que deixou a sua vida na procura de un futuro mellor no noso pobo, faltaron as palabras de apoio a sua familia, e a condea enérxica do que aconteceu por parte do noso alcalde.
Tamen penso que os nosos representantes esqueceronse de nos, faltaron unhas verbas ainda que foran mentireiras que nos deran tranquilidade ante tan terrible acontecemento. Botaronse de menos aquelas promesas que xamais haberianse de cumprir pero que habian quedar ben: seguridade para o pobo, para os comerciantes, maior control da policia .... Que menos ¿ no ? Ante estas cousas a xente de Moaña sinte medo.

E faltou por riba de todo a megafonía, que non e que non funcionara, e que non existiu nos escasos dez minutos que durou o acto. ¿ Non podia o concello pagar unha misera megafonía ?

Iso si, a convocatoria a concentración foi ben lucidiña .... ¿ Alguen entende como se pode chamar a un acto coma este metendo no medio da banda sonora unha gaiteirada coma cando se anda a anunciar unha romeria calquera ?
Isto e de medo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONCENTRACION SILENCIOSA .... E TANTO !!04-08-2006
Coido que a concentración silenciosa puido estar melhor, mas que trato dam algúms galegos aos inmigrantes?

As/os galegas/os fomos emigrados noutros estados e seguimos marchando da nosa pátria na procura dum bom trabalho, e mais ou menos, sempre se nos tratou dum xeito respectuoso.
As chinas e os chinos trabalham arreo là onde vam, já están bastante exploradas, violadas pola súa força dende meninhas (nom literalmente, menos mal!) e sofrem dum machismo radical no seu estado, como para que cheguem acó pasando penúrias e algúm imbécil acabe coa súa vida baixo a súa actitude xenófaba.

Nós nom fomos para ficar bem diante da gemte, suponho q o povo moanhés foi unido nese acto para protestar contra calquera forma de violéncia en quanto aos inmigrantes se refire. Nom há direito a ter q viver numha terra sem solidariedade e convivéncia!

As homenagems debem darse em vida, mas desgraciadamente nestes casos nom é posíbel. No fundo do nosso coraçóm sempre ficará o desejo dum mundo melhor para tudos e o único caminho é a luita.
Saudaçons e avante a luita feminista, internacionalista, marxista, solidária e indepêndencia para os povos oprimidos!
Albinha Méndez
RE: CONCENTRACION SILENCIOSA .... E TANTO !!04-08-2006
Para albinha,se dis -os galegos fomos-e que eres ou te consideras galega,entón,porque carallo escribes en potugues?
xa estou farto desta peña do rolliño guay que escribe as palabras galegas en portugues,xa bos vale
un de marin
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados