Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
comment trouver l'amour sur un site de rencontre
Indispensables
Donde ...
Guia
TERRORISMO LEGAL14-07-2006
Estaba cantado.Púxono de moda EE.UU,trá-lo 11-s, e os Israelís,que veñen a ser os EE.UU de Oriente Medio,acaban de leva-lo a práctica pasando por encima da ONU,do Consello de Seguridade...igualiños igualiños que os EE.UU e así unha vez mais asistimos atónitos en que nesta época que nos tocou vivir todo vale.O tema é simple imaxinemos que a recén extinta ETA, botara unha bomba en Francia,ou secuestrara soldados franceses.e vai Francia e nos bombardea.E tan desproporcionado o tema, que vulnera todo-los manuais de estratexia,negociación,e prevención de conflictos.Eso mesmo fixeron os de Irak no 91, a xa vemos como está o tema agora,a lei do mas forte.Aniquilan a poboación civil ,infraestructuras etc,para buscar a uns soldados,...incrible,e como matar moscas cun cañón,o final quedas sin casa e a mosca segue viva.O tema é que a un lado están os terroristas de bomba e lanzacohetes,e o outro terroristas legais coa mais moderna tecnoloxía por terra,mar e aire.E digo terroristas os israelís por que xa esta ben de abusar do pobo Palestino,desarmado,en comparación belica con eles,que o fin e o cabo o que queren son seus territorios,ocupados polos israelís.E digo legal,por que nadie fai nada para evitar semellante sangría dia a día,o que xa levou a deslexitimar moralmente e eticamente o holocausto dos nazis sobre os xudeos,a victima converteuse en verdugo.Así o panorama non nos extrane que haxa paises que queren armarse,Irán,Korea,calquera pode ser atacado ou invadido coa excusa do terrorismo,estase a impor o lema "pobo armado,pobo respetado".Por suposto ós fortes non lles agrada que futuros obxetivos militares,estratéxicos ou economicos se armen.Toda esta escalada bélica,levanos a un polvorín mundial,no que un mal paso pode acadar un conflicto serio que afecte directamente a todos.Europa inclusive.Din os expertos que a semente do terrorismo medra onde hai inxustiza,opresión etc,...(cada tolo co seu tema),pero neste caso de Israel e manifesta,arrasar o Líbano,levará a venganzas destes no futuro,e decir,crease mais odio.E os débiles que non dispoñen de tanques,nin cazas,nin buques de guerra, usarán como armas o que teñen mais a man,e como obxectivo o blanco mais facil,os civiles,cidadans de calquera pais,relativamente involucrado que pagarán coas súas vidas os erros e desvaríos dos seus gobernos que utilizan a mais simple e letal lóxica de querer matar moscas a cañonazos.No conflicto este do Líbano,está claro o gran erro que estan a cometer os israelís arrasando un País,cunha excusa,que sexa ou non certa,e inxusta,inhumana a todas luces,e que mais que disminuir o conflicto,incrementano de cara o futuro.Quen e pois o terrorista?,que pode causar mais terror na xente, co sonido das explosións dos misiles de ultima moda,asolando unha cidade ,un pais por todo-los sitios?

Logo,no futuro cando 4 libaneses sedentos de vinganza,logren atentar contra pacificos civiles,a hipocresía mundial,non escatimara adxetivos calificativos,condenas a todo-los niveis etc etc, namentras,cando é o revés,timidamente algúns opinan,a maioría mira para outro lado e outros agachan a cabeza,ata a prensa gasta menos tinta cando o atentado e dos fortes,perdón,cando os fortes atentan non é atentado,é asesinato selectivo,ou medidas de prevención,ou incursión militar,inda que morran civiles e ningun dos que buscan.Mais cando os que atentan son os débiles,a prensa queda sen tinta e os titulares falan de masacre,salvaxismo, etc.Os mortos que provocan os debiles denominanse ciudadanos inocentes,os mortos que provocan os fortes chamanse "danos colaterais".Mal augurio nos agarda,si os de gatillo facil seguen aplicando medidas desproporcionadas a terceiros,o dia menos pensado,un deses terceiros vai ser que non é tan debil...e o holocausto nuclear estará servido.

lois


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados