Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://9hdwallpapers.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
POLIGONO ACUICOLA EN NERGA02-09-2008
En la página web de la conselleria de pesca de la Xunta viene una relacion de lugares donde se preve la instalacion de poligonos de acuicultura, entre los que se cita el lugar de PUNTA DOS PATOS, en NERGA, donde se preve el desarrollo de un area de 34.000 m2 de superficie, proxima al sitio donde ya existe una nave de cultivos marinos en el frente de una pequeña playa, al mas estilo especulador tipo marbella.
Quiero manifestar mi total oposicion a esa ubicacion del poligono, por los siguientes motivos:

Es una zona proxima al mar y con unas condiciones naturales, medioambientales y turisticas muy importante en el concello de Cangas.

Es una zona que tiene unos accesos inadecuados para una instalacion de esa envergadura.

Vamos a perder mas superficie en torno a la costa dentro de la zona de proteccion situada entre los 100 metros desde los mojones de costas.

En Cangas estamos perdiendo poco a poco lugares de nuestra costa, ya sea con viviendas, chabolas o bien con naves de este tipo.

No puedo imaginar un lugar asi colado de naves tan grandes como la de masso y con camiones pasando por el medio de Nerga.

Es una pena que una vez mas perdamos espacios naturales a costa de unos pocos puestos de trabajo.

¿Que es lo que queremos, ir en contra de nuestros valores naturales? eso es lo que nos estan diciendo nuestros politicos.

NO AL POLIGONO DE PUNTA DOS PATOS
Absoluto


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA02-09-2008
O goberno galego continúa a traballar a prol dos grandes grupos empresariais e contra a opinión da meirande parte das xentes do país aprobando un plan piscícola que asume, con tendenciosas maquillaxes, o anteriormente proxectado polo goberno de Fraga e mesmo aumenta o espazo de costa exterior a destruír en máis de 755.000 m2. A expropiación forzosa porá en mans de unhas poucas empresas, (Pescanova, Stolt Sea Farm, Isidro de la Cal e poucas máis) propiedades particulares que Touriño insiste en que serán de titularidade pública e estarán adxudicadas por concurso público, como se iso cambiara algo os feitos.

O goberno emprega como escusa a non afección á rede Natura 2000 cando non é certo. En primeiro lugar, parte deses case 3 millóns de metros cadrados de litoral a esnaquizar si están en rede Natura, concretamente o 1,8% e ademáis, moitas das macroplantas lindan con espazos protexidos -nos que si se intalarán estruturas de bombeo- hipotecándo de por vida a súa posíbel ampliación, as súa paisaxe e as súas augas, ás que verterán refugallos as plantas. En segundo lugar, o bipartito dá o visto bo a unha ridícula Rede Natura 2000 tamén proxectada polo goberno Fraga, que é, despois de Melilla, a máis pequena do Estado. Galiza conta co 11,9% do territorio galego protexido baixo esta figura, cando a media española é do 25,5%. E en terceiro lugar, a ampliación da rede Natura 2000 prevista polo actual executivo deixa fóra dos lindes de protección xustamente os espazos destinandos ás fábricas de peixe, delatando ben ás claras que a política conservacionista neste país faise na mesa da patronal acuícola.

Tamén promete 1.966 empregos directos, cifra dificilmente xustificable debido á mecanización do proceso, como non sexa na fabricación da maquinaria, posiblemente en puntos alonxados de Galiza, e non se refire á calidade deses empregos.Laiase tamén de ter contestado a 1.001 alegacións, contestacións que son un compendio de prepotencia e desprezo ao cidadán. Podemos citar como xoia da literatura empregada por eles a seguinte: “Partir do suposto da falta de capacidade técnica e humana da administración - referíndose ao dubidoso control sobre os efectos e vertidos das instalacións xa existentes- constitúe unha apreciación que, por si mesma, descualifica o que sobre a súa base se alega”. Por non citar con detalle outras “xustificacións” ou omisións en temas de máis profundidade como á utilización de dominio público con fins lucrativos particulares ou a ocupación de chan rústico de protección de espazos naturais.

Veciños de Quilmas e Corrubedo, asociacións como Verdegaia, Adega, Greenpeace e a rede Galiza Non Se Vende, manifestaron a súa protesta durante dúas horas en tanto se celebraba a reunión na que o executivo galego aprobou a que será unha das máis grandes desfeitas que se producirán no litoral galego: a construción de 13 novas piscifactorias e a consolidación doutras 11 xa existentes, algunhas delas ocupando terreos da Rede Natura.

Esta privatización encuberta do litoral suporá outorgar ás grandes multinacionais a explotación de extensas superficie agora adicadas á extracción tradicional dos recursos mariños suprimindo así os medios de manutención de milleiros de familias. E iso sen esquecer a grave contaminación que estas plantas acuícolas ocasionan ao medio mariño cuxa riqueza vese esquilmada pola avaricia das grandes multinacionais.

Merece criticarse a actitude do goberno galego que non admitíu nin unha soa das mil alegacións presentadas polos colectivos afectados e organizaciòns ecoloxist

as. E todo iso coa endeble xustificación de conseguir aumentar a produción de peixe plano e os conseguintes beneficos para as empresas do sector, beneficios que agardan aumentar en 50 millóns de euros. Pouco ou nada importa, neste caso, a destrución dunha paraxe e dun xeito de vida sustentable. Pero o proceso continuará, e entre os colectivos integrados en Galiza Non Se Vende non se descarta a formulación dun contencioso administrativo no momento mesmo en que o presente plan entre en vigor.

publicado en www.galizanonsevende.org
www.cangasnonsevende.org
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA02-09-2008
mellor que vivir do turismo segue sendo, ainda que se deberia controlar con man de ferro as emisións de antibióticos o mar por parte destas empresas
asi non
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA02-09-2008
É unha auténtica tolería. Tes razón en todo o que dis, ¿Como van a organizar o trafico? ¿Van abrir outra estrada?
O mellor e que no informe de valoración inicial da idoneidade do lugar para acollar megapiscifactoría, falan da ausencia de valor ecolóxico na zona, tanto a nivel animal, vexetal como marítimo...é un puto cachondeo!
Mexan por riba de todo dios, en vez de crear granxas de peixe poderían pensar en conservar o seu medio natural en condicións óptimas para a súa conservación...que teñen todo cheo de merda!
Por outro lado, falan de Cangas pobo encantador, fomentan o turismo como base económica do concello...pa,pa,pa...pero si estan a cargarse todo!
O colexo do Hio está a quedar sen nenos e a 150 m. queren facer unha galescola nun dos miradores mais fermosos do concello. O BNG e o PSOE son mais perigosos que o mesmo PP, estes polos menos xa sabemos de que van, pero os farsantes do PSOE e BNG se pasan os anos criticando e cando chegan ó poder olvidan todo o que veñen pregonando...
O Sarjo
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA02-09-2008
Moi certo o da galescola. Máis ladrillismo encoberto?
Queren foder a propiedade comunal, cómo se puideron deixar manipular os veciños?
??
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA02-09-2008
Esa ampliación da piscifacoría vaise facer porque os terreos donde se quere facer están fora da Rede Natura e os veciños de Nerga e máis aínda os políticos do goberno progresista de Cangas non se opoñen.
a marajota
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA03-09-2008
¿Quen che dixo que os veciños de Nerga non se opoñen?
¿O levache a referendum?
¿Informacheste a través da asociación de veciños?
Creo que non tes bos informantes amigo peixe...
O Sarjo
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA03-09-2008
Donde estaba a asociación de veciños de Nerga cando estuvo o plan acuícola a exposición pública e alegacións?
Ademáis creo que o anterior presidente era un tal Tomás Abalde, hoxe concellal de medio ambiente de Cangas, do PSOE, o mesmo partido que ten a Consellería de Pesca na Xunta e a promotora do plan.
a marajota
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA03-09-2008
¿Cando e onde estivo aberto a alegacións este proxecto?
O
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA03-09-2008
estivo o Plan en agosto do 2007, alegaron Luita Verde e o Foro Social - www.cangasnonsevende.org agosto 2007 - . Rexeitaron as alegacións. Agora se queren facer algo alí terán que facer un proxecto co seu estudo de impacto ambiental e poñelo de novo a exposición pública.
Esta ampliación ocupa chan rústico de protección de espazos naturais (NNSS provinciais 1991) e como tal a prohibición de edificacións é total. Non se responde a isto na resposta ás alegacións. Tamén incumpre a Lei de Costas.
www.cangasnonsevende.org
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA03-09-2008
Moitas gracias pola info, así da gusto home.
Non sabía nada de todo isto...
O Sarjo
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA04-09-2008
O único que trae o plan acuícola e inmensos beneficios para unhas multinacionais e corruptos do PSOE e destrucción da costa e das actuais formas de vida de nerga a cambio de poucos postos de traballo mal pagados. Non ao plan acuícola, outro desenvolvemento é posibel.
Pepe da concha
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA06-09-2008
que risa super Quin tamen apoya o plan acuicola,ver para creer.
eu
RE: POLIGONO ACUICOLA EN NERGA09-11-2008
ABSOLUTO I CANGASONSEVENDE ......ESTOU COMPLETAMENTE DE ACORDO CONVOSCO.

mariñeiro
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados