Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://assignment-expert.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA02-08-2008
Penso que esta nosa concelleira de trafico, esta pouco no noso concello , ou é que non lle da mais a cabeciña.
Porque a nova idea dela e do Super Agulla, xunto imaxino con gran pensador Manoliño da Burra, é a de pechar o trafico as entradas o rural preto da praia cande eles estimen oportuno, deixando os foraneos fora, e os veciños dentro dese gran cordon policial.
Pero eu pregunto, temos que ir todos ca certificacion do censo no noso concello no bolsillo?? Porque senon como van facer?? Seguramente quedaran mais veciños fora que foraneos!!
Outra cousa importante,é a de descatar que como concello avanzado no tempo, estamos a pontenciar o turismo!jajajaj! Solo pasa aqui, todo o reves, que veña a deixar os cartos, fora!jajjaja!Increibel!!!!!!!!!
Ademais , a pandilla da Poli Local , cos seus mandos, se non eran capaces de arranxar os pequenos problemas do casco, agora poderan con todo???? Dudo moito, pero ole a Concelleira que confia plenamente nesta pandilla de vagos!!
Porque non se dan outro tipo de solucions mais eficaces e qeu non jodan a veciños e foraneos, porque vai ser o que pase??? Existir existen, porque non somos o unico concello de galiza, nen españa turistico con estes problemas!!
Pero aqui cortamos de raiz, o final , vai ser un caos, veciños deixando o coche a 3 km da casa, foraneos na praia, foraneos que iran gastar a outro concello................
A verdade e que penso que hai cousas incribels que soamente pasan neste concello, por a cantidade de FRIKIS que hay no concello e contratados nel!
Un saudo a tódolos futuros afectados, porque seguro que eu e os demais veciños seremos os mais afectados por esto.
Veciño


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA02-08-2008
Gustaríame responder ao post de VECIÑO, xa que ao mellor non vives na nosa parroquia e non es consciente do problema que temos aquí. Persoalmente, paréceme unha medida que, á espera de ver os resultados, poderá certificar que O Hío é para os veciños, e non para os señoritos de fóra que aparcan nas nosas leiras e nas carreteras como se todo fose da súa propiedade. Que se lle poñen multas? Perfecto, a min tamén cando aparco mal en Cangas ou Vigo. Que non se deixa pasar máis coches se xa non hai máis sitio? Tamén perfecto, nós non temos por que soportar que non colla unha ambalacia polas estradas por estar coches aparcados a ambos lados.

E esta xente que ven ao Hío non son turistas, son expoliadores dos nosos recursos.. Non queremos este turismo

Un saúdo
veciña de O Hío
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA02-08-2008
E preguntome eu, pode sin máis, chamese policía local ou calquer outro corpo de seguridade restrinxir o tráfico sin unha autorización expresa que estea recollida nun documento oficial, explicome sin contar coa autorización por exemplo do pleno municipal?.
En Madrid por exemplo, para restrinxir o tráfico en determinados lugares, si non recordo mal, na Colonia Marconi, debido a problemas coa prostitución, tiveron que modificar a ordenanza de movilidade para restrinxir o tráfico os conductores alleos a aquela zona.
Por outra banda dito acordo corria o risco de que o ordenamento xuridico non permitise o Concello de Madrid utilizar a normativa de tráfico para combatir ese tipo de problemas.
Nese caso o acordo plenario aprobouse coa maioria de votos do PP, si ben tanto o PSOE coma IU, recordaronlle o sr. Gallardón que dito acordo corria o risco de ser recurrido nos tribunais, pola sua presunta ilegalidade.
UNHA ACLARACIÓN
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA02-08-2008
Pobre Veciño, como se nota que non eres de aquí, senon saberías o que significa querer sair da tua casa e non poder, porque os señoritos de Vijo e doutros lados atrancáronche a entrada, e de facer gasto ningún porque ai algúns que ata traen os xelados nas neveras
atrapado no garaxe
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA02-08-2008
A cuestión é, por qué pasou esto este ano? ou quen ou quenes son os culpables deste problema? si é que os hai.
Por outra banda, cal podería ser a solución cara a anos próximos?, según parece este é un ano pobre en canto o turismo, logo, si nos anos que veñan o turismo e a economía millora que vai a ocorrer?.
SOLUCIÓNS, NON RESTRICCIÓNS
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA02-08-2008
Hoy, teniamos reservada una paella en un rest. de MENDUIÑA (somos dos matrimonios.) pero vimos el nefasto articulo en el Faro y alucinamos.Llamamos, para anular la comida y nos fuimos a Valença do minho y nos comimos un estupendo bacallao. Nadie nos pidió el empadronamiento. Que alguien rectifique por favor, me gusta el Morrazo y sus gentes.
José Infante Garcia
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA03-08-2008
que peniña me dan eses matrimonios! vaia. O que está claro é que non se pode facer esta merda de vía rápida, acabala tal como está en Aldán e despois que lle dean á xente. Que por que saiu isto este ano? Pois dígocho eu, porque os veciños de Pinténs ameazaron con cortar o tráfico o 25 de xullo no Hío
veciña do Hío
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA03-08-2008
O egoismo d alguns e a ostia, aparco donde quero ,este ou non prohibido,e non falo solo do rural senon tamen da praia de rodeira que como imaxen de praia urbanista que outros concellos envidian (Sanxenso,Baiona) esta tan descuidada que os veciños non poden entrar nin sair das suas casas, sexan de vijo ou de europa da ijual,se aparcas mal ,multa a o canto, o mais impotante e o respeto a os demais, cousa que o que aparca a sabendas de que non pasa nada,por aparcar debaixo da siñal de non parar. Se non quitamos a signal. Entendo que a praia e de todos pero hai que respetar os veciños e no caso das praias urbans e doado ir andando e non meter o carro no areal que asi non colle SALITRE , non consume e dura mais.
failume
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA03-08-2008
¿Ves?, velahí unha das varias solucións, o Sr Infante xunto coa súa esposa e un matrimonio amigo fóronse a Valença e coméronse un estupendo bacallau. (¡Bon proveito!)
¿Non poderían facer o mismo varios miles de atasca-feiras que se lles da por vir ó Morrazo sempre nos mismos días e ás mismas horas?
¡Ah, por certo!, as paellas nos restaurantes de Menduíña tamén están mui boas no outono.

O Caxato
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
Non se pode meter a todo o mundo no mesmo saco, pero o que esta claro e que moita xente é mal cidadá e non sabe comportarse. Pensan que porque veñan a cangas e que os accesos as praias sean camiños e non autoestradas iso xa lles da dereito a aparcar donde lle pete e como lle pete e seguro que se poideran levar o coche ata a praia, seguro que o metían na mesma area. Cando lle chamas a atención por deixar o coche no medio da calzada obstaculizando os demáis,ainda che contestan con malas maneiras dicindo que non van a deixar o coche no parking e pagar DOUS EUROS POR TODO O DÍA!!. Por favor cando un vai a calquera cidade para estacionar ten que meter o coche no parking, deixando un diñeiral e ningen di nada.....
Un pouquiño de civismo por favor, hay que pensar nos demáis.
Felicidades a policia local, que polo menos dende que asinaron o famoso convenio están de seguido no rural tratando de impoñer o civismo por donde doe, que é o bosillo.
E pola miña parte a todos os incivilizados lume ata que aprendan o catecismo, ainda que sea por señas.
Civilizando..
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
Ola a tod@s, eu vivo en Baiona, e aquí tamén temos atascos en verán, a verdade que ás veces, faise insoportable, se durante todo o ano me leva unha media hora ir ou volver de vigo para ir ao traballo ou ao médico, no verán pasa da hora ou mais dependendo do momento do día. Se durante todo o ano, atopas sitio para aparcar de sobra en calquer lugar do pobo incluso nas praias, no verán é misión imposible.
Aquí vén xente de Vigo, de Madrid,e de moitos sitios a pasar o verán ou simplemente a pasear polo pobo ou a bañarse nas praias, e ainda que é unha incomodidade o tema do tráfico non se me pasa pola cabeza chamarlles "señoritos", mais que nada porque en primeiro lugar moitos deles seguro que son currantes como todos que veñen a pasar as súas vacacións e a segunda mais importante porque deixan moitos cartos no pobo. Pobos como Baiona, sanxenxo, Nigran, Cangas, Muros, etc, son pobos costeiros que ven incrementada a súa actividade no verán e obteñen moitos beneficios (o turismo representa o 12% do producto interior bruto de Galicia).
Isto era para contestar a "atrapado no garaxe" e a "O Caxato" que cos seus comentarios demostran ser mais "señoritos" que ninguén.
Por outro lado, polo que lin nestes comentarios hai diverxencia entre o que se opina aquí e a noticia redactada polo Faro. Polo que leo aquí o problrma parece ser que a peña aparca onde lle sae dos guebos, incluso atrancado a saida das casas d@s viciñ@s. Ben, é normal que @s afectad@s protesten. Tamén a solución debería ser fácil, grúa e xa está. Non sei como estará o tema ahí pero por aquí a peña tamén flipa aparcando e aparcan en zonas amarelas, pero a grúa pasa e se leva os coches, non sei como estará ahí o tema da grúa, pero si nunha semana pasara a grúa a levar os coches mal aparcados xa veriades como non aparcaba mal nin dios de ahí en adiante, de todos modos, en vez de buscar medidas restrictivas igual o Concello debería ver a posibilidade de ampliar os aparcamentos xa sexan públicos ou privados, pero bueno xa digo que nunca estiven por ahí e non sei como está a entrada as praias...
Agora, a noticia do Faro non comenta nada do tema do aparcamento. Na noticia titulada "Cangueses primero; vigueses despues" (que xa é pra darlle a comer aparte aos do Faro polo enunciado), non aparece mención ningunha a que a viciñanza se queixe de que a xente aparca mal, senón que di que cando esté moi saturado o acceso, as prazas de aparcamento ocupados ás praias só se deixara pasar á xente da zona. Cousa por otra parte razoable, joer, se está todo ocupado pra que te vas meter co coche, terás que aparcar mais lonxe. Pero o que parece desprender a noticia do Faro é que se deixaría pasar á xente de Cangas e ao resto non. Gustariame saber se isto así en realidade ou é unha manipulación do faro. Graciñas e perdón polo rollo.
medi
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
Primero , es ilegal delimitar el trafico , yo voy a donde me salga de los huevos y si no hay sitio es mi problema (me jodo). Asco me dan los que hablan de los invasores, los jodechinchos... etc..... son unos acomplejados y por ultimo los unicos señoritos son los que se quejan de que vienen turistas y no quieren que se bañen en "sus playas" o quieren que se dejen dinero en "sus negocios" y que no aparquen en "sus calles" .

En fin que os den por donde amargan los pepinos.....
Con Z de Zutabe.
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
A min tampouco me gusta esa xente desconsiderada que aparca diante dos portais dos demáis, pero é que iso non pasa nunca. As nosas praias teñen un grave problema de acceso e aparcamento, e o que se debía facer era regular correctamente esos aparcamentos, buscando aproveitar ó máximo o pouco espacio que hai, e non prohibir sen máis porque un veciño ten coches por todos lados do muro da súa casa pero pode sair e entrar sen problemas. (O ano pasado xa un veciño de Areacova me raiou o coche por aparcar onde non molestaba pero que a él non lle justaba. (Xa me enterarei que eres!!)
EU SON DE CANJAS e como primeira medida, pois non estou para caralladas, non vou ir máis a esas praias. Irei tomar o sol e as cañas a Bueu ou Marín. E que lles apoveite a estos veciños, ós políticos de turno e á policía.
Cangueiro
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
Vaya personaje el señor infante. Es decir, el tío lee en el faro edición morrazo desde Vigo la noticia. Anula la paella, se va a Valença come un bacalao, vuelve para escribir el mensaje y aún no es la una. Pero a quién pretende engañar. Yo vivo en Cunchido, y no tuve problemas para pasar y aparcar en mi casa. Me parece perfecto que se haya tomado esa medida. Hay gente que se cree que Cangas es el prostíbulo de Vigo.
Archibaldo
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
A sinal de prohibido pasar poñía: AGÁS RESIDENTES.
Archibaldo
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
Mas industria y trabajo decente y menos turismo!!!
el turismo oprime
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
No seamos cerrados de mollera y primitivos, que los de Cangas también queremos ir a esas playas y no nos apetece pagar para aparcar nuestro coche en una finca.
Cangueiro
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
insisto no que dixen: se en Cangas poden levarche o coche por telo diante do concello, nas parroquias tamén se odeixas na carretera ou DENTRO dunha finca privada, como me pasou a min. E a quen non lle pareza ben? pois que tome o sol no asfalto
veciña de O Hío
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
Pero que papan eres "veciño". Si no se hace porque no se hace y si se hace porque se hace.
Me parece muy bien la medida de denunciar a los coches mal aparcados que seguro que en Samil no lo hacen.
doohan
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA04-08-2008
Las normas están para cumplirse en beneficio de tod@s. ¿Qué la gente aparca incorrectamente? Multa al canto. ¿Que obstruyen el paso? Grua al canto y sin contemplaciones. Turismo si, disfrutar de la playa tambien, acceso para tod@s... indiscutible... Pero las normas están para cumplirse por tod@s... No se puede aparcar donde a uno le venga bien, porque más de uno si pudieran aparcarían en la playa... Cuando uno va a donde no es su casa debería ser más considerado con sus "anfitriones"... Sólo espero que nunca haya la necesidad de que una ambulancia tenga que ir a recoger a nadie y no pueda llegar, especialmente a esos que en la playa se pegan atracones de sol y calor y acaben teniendo un infarto y se queden en el sitio porque la ambulancia no llegó a tiempo porque precisamente su coche no permitía pasar a la ambulancia... sinceramente dios no lo quiera... no le deseo mal a nadie... pero espero que sirva de reflexión a los que aparcan donde les da "o pouco sentidiño"...
Un NoGenovés
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
estou moi contento coa actucion este fin de seman nas parroquias do Hio e Darbo ,pero non nos podemos esquencer dos veciños de rodeira, por que aqui sucede o mesmo que nesas parroquias , co agravante que os areais son mais centricos e os playistas podrian ir a pe ou polo fermoso paseo de madeira,(aproveitando de paso a ruta do colesterol)pero NON aparcan no cruce do colexio das monxas, na entrada de fincas privadas,debaixo das signais de prohibido aparcar,ou parar no cruce pra a garita donde non deixan girar a os que salen das suas casas. Aqui se que non pode entrar nin sair unha ambulancia,polo que queremos tamen que seta idea sirva tamen pra esta fermosa praia que como noutros cocellos e a que ten que ser imaxen. Apunto que seria boa idea aproveitar o muelle de atraque pra descongestionar a eses comodos de vijo,e asi potenciar o trasporte publico,co consiguinte ahorro d consumo e disminicion de polucion.
vesiño d rodeira
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
Pero esperade, que agora ben o mellor. Como xa se miraba vir, a policía local non da para todo, porque se os poucos efectivos que hai se van a atender ás praias, os cacos e os camellos de cangas andarás ás súas anchas polo pobo (pechen ben as portas e ventás).
A famosa Concelleira está hoxe recollendo os agradecementos dalguns veciños, pero a ver que fai o vindeiro fin de semana, porque o sindicato de policías xa se queixou da sobrecarga de tareas. Dígollo eu: ou contratan máis persoal ou non poden voltar facer estas actuacións tan impopulares. A iso chámaselle previsión e organización municipal.
Cangueiro
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
O turismo é colonialismo.
Depender económicamente do turismo e destrozar o noso territorio. Pra poder soportar a densidade brutal de turistas sería necesario facer estradas amplas ata as praias, co que habería que tirar casas, expropiar fincas e destrozalo monte, cos problemas que se lle ocasionarían os veciños.
Quen queira vir a praia que veña respetando as nosas cousas e senón que se queden na súa casa ou vaian a destrozar outro lado.
A solución e clara, sector primario e industria de calidade para non depender do turismo, e a xente que veña que poida disfrutar da nosa paisaxe e non doutra Marbella como queren facer algúns
Pepe da concha
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
A min o ano pasado puxéronme unha multa na baixada de Areabrava. Aparquei en liña amarela e multáronme, ben feito. Non me queixei e paguei. Vivo, estou empadronada, voto e pago impostos en Cangas. Agora vou na bici a Areamilla é máis ecolóxico e san. ;P
Xa está ben da prepotencia dos vigueses, habemos ter que poñerlles unha alfombra bermella...ademais, nos si que gastamos en Vigo, saimos en Vigo, mercamos en Vigo, traballamos en vigo (eu como fora tódolos dias en Vigo). buah! eles traen a bolsa nevera de 60 litros...
E ese matrimonio que baixou a Portugal... facedes ben por mirar pola vosa economía... Portugal é máis barato
Bolboretinha
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
Eu cada vez que vou a Vigo meto o coche no parking e pago 4 ou 5 euros por dúas horas. Se hai unha cidade onde a poli non ten contemplacións á hora de multar, esa é Vigo. Agora os vigueses queren que as normas de tráfico do noso pobo se adapten aos seus intereses de domingueros. Vide en barco e collede o cerqueiro e todos saímos gañando.
Archibaldo
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
Querido cangueiro, o luns que ven miraremos na prensa cantos roubos, atentados, violacións, asasinatos, secostros, etc... aconteceron na zona urbá de Cangas.
Archibaldo
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
Hai cousas na sociedade de consumo e de “benestar” que parecen intocabeis, unha delas é o turismo, outra é a industria do automóvil, pero cando se xuntan as dúas son como unha bomba averiada.
Os turistas teñen dereito a vir, e teñen dereito a vir en coche. E os paisanos teñen dereito a vivir tranquilos e manter un mínimo de calidade de vida e a non sentirse ameazados no seu propio medio, no medio no que viviron sempre.
Está claro que neste caso o turismo non trae calidade de vida, en canto a beneficios…máis ben escasos.Traen todo da casa e ainda por riba, rouban productos dos veciños dos lugares. (por suposto que son unha minoría, pero faise)
E agora eu pregúntome ¿Quén ten máis dereito, os “invasores” ou os “invadidos”?
O Diaño
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
Os veciños teñen todo o dereito para entrar e sair libremente das suas casas.
Todos, en xeral, teñen dereito a circular polas estradas libremente, sin ter que levar un salvoconducto.
Todos teñen dereito a disfrutar, sin danar, dos recursos naturais, chámese praias ou montes.
E evidente que a apertura da via rápida, cada vez menos rápida, trouxo con sigo un impacto co que non contaron os politicos, ou que non lle deron a importancia que sí tiña, priorizando outros intereses, ainda que supoño que os técnicos sí informaron das posibles consecuencias de movilidade interior que acarrexaría en épocas estivais a apertura do corredor, nun principio e sobor de todo a Cangas, e logo os demáis concellos limítrofes.
Agora o que lle queda á xente con responsabilidade é buscar solucións, dende xá, sexa do partido que sexa; o tempo que se perda ira en detrimento en primeiro lugar dos veciños máis afectados e en xeral da calidade de vida de todos (veciños máis ou menos afectados e visitantes).
DIGO EU
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
a culpa non é da vía rápida que antes de que esta existira había caravana dente Moaña a Rande dende as 19:00 ata as 22:00 así que a culpa non é da vía rápida (non a defendo).O Morrazo sempre se masificou en verán...A culpa? que sei eu... Que fagan máis aparcamentos no Bao, en Patos, Samil, etc e que queden alí.

Pero unha vez en Areabrava escoitei: "Ay Maripuri, es que nos vemos en las mejores playas de Vigo" ejem...
Bolboretinha
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
Eu unha vez escoitei en areacova que a Ría de Aldán non existía.
Archibaldo
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA05-08-2008
(Pero esperade, que agora ben o mellor. Como xa se miraba vir, a policía local non da para todo, porque se os poucos efectivos que hai se van a atender ás praias, os cacos e os camellos de cangas andarás ás súas anchas polo pobo (pechen ben as portas e ventás).
(A famosa Concelleira está hoxe recollendo os agradecementos dalguns veciños, pero a ver que fai o vindeiro fin de semana, porque o sindicato de policías xa se queixou da sobrecarga de tareas. Dígollo eu: ou contratan máis persoal ou non poden voltar facer estas actuacións tan impopulares. A iso chámaselle previsión e organización municipal.)

Manda huevos y mando dos cajas, ¿desde cuando la Policía Local de Cangas se ha encargado del Orden Público y de la Seguridad Ciudadana?, ala chavalín documentate primero y luego te rasgas las vestiduras.
eljua
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA06-08-2008
Bolvoretinha traballa en Vigo, pero paga impostos en Cangas. ¿E que cartos deixas, miña filla? Coa tua regla de tres sería sinxelo preguntarse ¿Cantos parados hay en Vijo por mor dos residentes noutro pobo, que non deixan un céntimo na cidade? Gústame a tua filosofía coma a de outros tantos coma ti que se len por ehi enriba. Estou dacordo con que sancionen a todo aquel que esté mal estacionado, agora ben, iso de eu antes que ti, porque son deste pobo ¿non é esa a soberbia que tanto repugnades? ¿De verdade pensas que en Vijo non temos o mesmo problema ca vos? é dicir ¿Pensas que as praias de Vigo estan afogadas de xente por só persoas da miña cidade? Notase ben que pouco pasastes por Samil. Todos son ourensanos e portugueses que veñen cos tapers a comer baixo a sombra dos pinos.


Que lle vou facer, a min tampouco che me gusta nada terlle que cheirar os pés o viciño cando vou a praia, pero en tal ano como no que estamos é o que hai, e o que non lle guste, que lle bote azúcre.
Vigués.
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA06-08-2008
Tes razón eljua, en Cangas non hai nadie que se encarge diso, por iso os camellos se moven como queren, os nenos do botellón fan o que lle da a gana, os que fan de aparcacoches non teñen dificultade para facelo, os motoristas cirulan pola liña divisoria da carreteira cando os coches están en caravana, o material urbán non dura nada, ...
Pero si que aparece alguén cando aparcas onde non lle gusta a alguén. Algo contradictorio, non?
Cangueiro
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA06-08-2008
Querido Vigués. Bueeeeeno, vaaaaale, vivo en Caaaaangas e traballo en Viiiiiiigo. Pero non teño a culpa do paro vigués. Na empresa na que traballo houbo unha selección de persoal e saín escollida eu. Pero atención!!!!! tiven que trasladarme dende A Coruña...jajaja. Chúpate esa! Pero tiven a decencia de empadrarme eiquí, esta vila que adoooooro e considero meu fogar (e non penso irme) ;P
Bolboretinha
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA06-08-2008
Ah! e perdoa que che diga, gasto ó mes 160 € en menús do día en Vigo... Non levo a comida á ofi. E tamén levo o coche de cando en vez e o deixo no parking, e tomo un café ó día na cafeta de abaixo 22€ ó mes... Si deixamos cartos en Vigo...
Bolboretinha
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA07-08-2008
carallo ke barato comes di o nome do furancho ese
joder
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA07-08-2008
a ti cho vou dicir!
8)
bolboretinha
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA07-08-2008
mentireira
joder
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA07-08-2008
miraaaa, rapaaaaas, 8€ menú do día tópalo en calquera sitio...
Bolboretinha
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA08-08-2008
Conclusión: que veñan os de fóra a paja-las multas e darlle ingresos extras ó Concello (que busca fórmulas para ingresar cartos como sexa), e os de Cangas iremos a Rodeira andando ou a Bueu. E xa tedes o que queríades, a praia para os señoritos que teñen o chalé e os 4 veciños que viven por alí.
Q vos aproveite!!
Cangueiro
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA08-08-2008
Qué simple eres, cangueiro. Soamente hai que facer unha cousa: aparcar ben, e punto.
Archibaldo
RE: A POLICIA LOCAL ACTUARA CON CONTUNDENCIA11-08-2008
Q listo eres ti. Como hai tanto sitio para aparcar nas nosas praias para aparcar.
Así pasou este finde: a policía conta os aparcamentos, e cando xa non collen máis, pois pechan a entrada. Eu non penso sair pronto e correndo da casa para poder disfrutar un día de praia na miña casa. Agora os polis traballan de aparcacoches. Podían poñerse tamén no aparcamento da alameda nova e en Rodeira tamén e quitalle o chollo os ionquis aparcacoches.
Cangueiro
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados