Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
5 different definition of creative writing
Indispensables
Donde ...
Guia
NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS12-06-2008
Haz click para ampliar ALEGACIÓN PRESENTADA CONTRA O PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS DA XUNTA, NO QUE SE INCLUE O PROXECTO DO PORTO DE AGUETE

O ente público Portos de Galiza, en resolución do 16 de abril de 2008 anuncia a información pública do Plano Director das Instalacións Náutico Deportivas de Galiza, en base ao cal presentamos as seguintes suxestións para ter en conta.

1. O proxecto presentado vai destinar unha gran cantidade de fondos públicos para a realización dunhas infraestruturas que non van estar ao servizo da maioría do pobo galego. Máis ben o que se nos presenta é unha privatización do mar e do seu litoral para satisfacer as necesidades recreativas dunha elite con capacidade económica.

O mesmo plano recoñece que é necesaria unha campaña de promoción da náutica para acadar os obxectivos de negocio, polo que estamos ante unha actuación de promoción por parte da administración que podemos definir de especulativa xa que incide nun modelo de desenrolo náutico que non se pode separar do modelo de desenvolvemento urbanístico ligado á masificación da costa e á especulación urbanística.

2. En todo o documento non se recolle nin se recoñece a necesidade da actividade náutica como prioridade da poboación, tan só como unha actividade económica a desenvolver e promover.

Por que a promoción das actividades náuticas e non da lectura, do teatro, da música, da mellora da asistencia social, prioridades que deben ser dun goberno da maioría?

3. As valoracións que se fan sobre as posibilidades de expansión do negocio náutico chocan coa realidade dunha recesión, ou desaceleración da economía, que está provocando un menor número de vendas en todos os sectores económicos, principalmente na vivenda. Ante esta perspectiva as previsións son altamente triunfalistas e poden supoñer unha gran inversión de fondos públicos dun xeito ineficiente.



4. Hai tres factores que na xustificación da demanda destacan dun xeito especial: a escasa oferta de amarres en Portugal, a masificación de Francia e o resto de Europa e os prezos máis baratos dos amarres en Galiza. Polo tanto estamos ante un plano que parece máis ben orientado a dar servizo ao exterior, convertendo o noso país nun refuxio barato de barcos europeos no inverno.

Outro factor de demanda é o crecemento do mercado de mega-iates. Esta xustificación deixa aínda máis claras as intencións dun plano elaborado con criterios de satisfacción das necesidades dos sectores con máis poder adquisitivo.

5. A maior parte das actuacións que se pretenden executar supoñen unha clara e contundente agresión ao medio mariño e ao litoral. As denominadas mariñas secas, que en principio poden parecer positivas, en realidade van supoñer a realización de novos recheos ou a invasión do dominio público por superficies destinadas a aparcar barcos.

A construción de novos portos, camuflada na maioría dos proxectos como ampliacións, vai afectar, como xa está sucedendo en praias como Aguete, Beluso ou Silgar, á dinámica das correntes e dos fondos.

Estas actuacións son contrarias a todas as declaracións que se veñen facendo por parte dos responsábeis da Xunta de Galiza de protección da costa, que quedan en meros titulares de prensa que non se materializan. En todo o texto só hai unha pequena referencia xenérica á protección do medio que queda como unha sinxela declaración de intencións.

A Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas, establece no seu artigo 31 regula a ordenación do dominio público marítimo-terrestre e di que “a utilización do dominio público-terrestre e, en todo caso, do mar e a súa ribeira será libre, pública e gratuíta para os usos comúns e acordes coa natureza de aquel, tais como pasear, estar, bañarse, navegar, varar, pescar, coller plantas e mariscos e outros actos semellantes que non requiran obras e instalacións de ningún tipo e que se realicen de acordo ás leis e regulamentos ou normas aprobadas conforme a esta Lei”.

6. A proposta de 1.66 amarres por barco é totalmente excesiva, máis se a comparamos cos países do noso entorno. Segundo os datos que se recollen no plano en Francia hai 1 amarre por cada 9 barcos, en Suecia 1 por cada 13. Esta proposta supón unha masificación do noso litoral.



7. A masificación da nosa costa con instalacións portuarias de recreo vai entrar en colisión co sector pesqueiro e marisqueiro, xa que moitas actuacións van afectar a bancos de pesca.

O sector pesqueiro en Galiza é un puntal fundamental da nosa economía que non está pasando polo seu mellor momento. Incidir negativamente co deterioro das súas zonas de pesca non é xustificábel e moito menos cando a responsabilidade recae na administración.

Non se pode comparar a importancia que ten a pesca co escaso beneficio que deixan as instalacións náuticas. Nos portos deportivos a creación de emprego é marxinal e tan só se benefician dos amarres os concesionarios privados.

8. Unha administración pública, e máis se é a Xunta de Galiza ou un ente dependente, debe ter un mínimo de coidado e respecto polo noso idioma. Non é de recibo que o texto do plano estea en galego pero as gráficas case todas en español.



9. A proposta de ampliación do porto de Aguete esta acadando un gran rexeitamento en Marín. A maior parte das asociacións da zona e do resto do concello, xunto coa unanimidade das forzas políticas, son contrarias a este proxecto de ampliación. Isto é contraditorio coa argumentación da necesidade da ampliación, que tal e o como se recolle no texto di “é unha reivindicación histórica dos habitantes desta poboación”.

A ampliación ao oeste do porto vai producir un gran impacto ecolóxico, que se vai sumar a anterior agresión á praia de Aguete coa construción do actual porto deportivo. Preténdese actuar nun espazo de gran valor ambiental onde se concentran gran cantidade de aves e especies mariñas e que serve como zona de pesca e marisqueo. Vaise afectar a franxa litoral, supra-litoral e infra-litoral co conseguinte incumprimento da Lei de Costas, a Directiva 92/43/CEE(·) de Hábitats e o Real Decreto 1997/1995(*) de conservacións de hábitats.

Vaise ver afectada a paisaxe coa desaparición do “Chirleu”, referente simbólico de Aguete, e entra en contradición coa Lei de Protección da Paisaxe actualmente en tramitación.

Tampouco se fixo ningún estudo da posíbel afectación da praia de Loira pola modificación das correntes mariñas, nin de cal vai ser o seu impacto no resto do entorno.

Por todo o exposto anteriormente, SOLICITAMOS:

* Que se retire o plano Director de Instalacións Náuticas Deportivas, e se paralice a construción de calquera tipo de instalación náutico deportiva en Galiza.
* Que se retire do plano Director de Instalacións Náuticas Deportivas o proxecto de ampliación do Porto de Aguete, Actuación 2-4-2.


Sr. PRESIDENTE DO ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALIZA

CONSELLARÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marín


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS12-06-2008
menuda sarta de tonterias y mentiras.en toda la alegacion no se da un solo dato solo palabreria barata. ya estamos cansados de tanto NAZIonalismo
jose
RE: NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS13-06-2008
Para jose, ti si que tes palabreria barata soamente sabes descalificar sen aportar dato algún, posiblemente sexas partidario por ter intereses neses proxectos especulativos, degradantes do medio onde se privatiza un ben público para o enriquecemento duns poucos.
xose
RE: NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS13-06-2008
estaria muy bien leerse el plan y el que no este de acuerdo que diga en que punto del mismo los datos son erroneos pero no llenarse la boca con demagogas palabras (privatizacion de la costa, los megayates de los ricos...).por cierto xose efectivamente tengo intereses en esto (el interes de que esta esquina de españa prospere y de que mucha gente como yo encuentre trabajo sin tener que marchar a otra parte)
jose
RE: NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS13-06-2008
se tanto interes tes no plan, por que non o les realmente. Veras como fala de megaiates e de iniciativa privada.
Antes de largar hai que informarse, ainda que sexa para levar a contraria.
E se che gustan os megaiates merca un.
gandalf
RE: NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS13-06-2008
me encantaria tener un megayate pero con lo que me dan de paro no se cuando terminaria de pagar las letras por lo que prefiero que los barcos sean de otros y me paguen a mi por trabajar en uno, pero como dudo de que venga ningun megayate pues me conformo con que me paguen en uno normal, o mejor aun me quedo en casa y que me paguen el salario los NAZIonalistas de marin...no te jode con los anti-todo.
jose
RE: NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS14-06-2008
A "prosperidade" desta "esquina de españa" depende de que sepamos defender a nosa cultura, nosa natureza e noso traballo. Un plan como este non fai máis que fundir cartos públicos, teus e meus, nunhas obras innecesarias e destrutivas que lle dan grandes beneficios ás empresas que os fan, destrúen bancos marisqueiros, modifican as correntes, escarallan as praias, artificializan o litoral e matan a riqueza máis grande que temos: as nosas rías, únicas no mundo.
Destrúen emprego, no mar e nos postos indirectos que dependen do mar, curiosamente no turismo tamén, e só fan aparcadoiros de barcos, baldeiros todo o ano, que dan traballo a dous vixiantes e a un instalador de cámaras de tv.
E os barcos non teñen nada malo, se poden gardar en terra, que están mellor, e cando se queren usar se botan ao mar, en Francia, que teñen 1.360.000 embarcacións de recreo, só teñen 1,3 amarres por quilómetro de costa, e nós xa imos polos 5,7 e pretenden multiplicalos por tres en menos de doce anos.
polbeiro
RE: NON AO PLANO DIRECTORIO DE PORTOS DEPORTIVOS15-06-2008
para José , aplica te a historia do polbeiro esa e a realidad dos portos deportivos ,ti debes de ser dos da cultura do ladrillo todo lles vale con tal de facer diñeiro ,
virxen maría buscando a José
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados