Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
read this
Indispensables
Donde ...
Guia
OUTRO QUE VOLVE09-05-2008
O mangante de Albariños volve a a carga. Non so non acepta o que xa era evidente, que a Xunta ía deixar Albariños como está, solo agricola, senon que quere seguir enganando a xente dicindo que iso indica que se pode recalificar todo a urbanizable "se se xustifica", home claro, se se xustifican as 13000 vivendas non rexeitarían o PXOM.
Que nos deixe en paz dunha vez este mangante, que o único que persegue é a comisión que se levaría polas vivendas.
Albariños para patacas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OUTRO QUE VOLVE09-05-2008
Outro pájaro máis a chupar tajada. Non entendo como a xente pode entrar o trapo deste Rei Mago que ofrece chalets coma si foran chupa chups. O que hai que facer é avergonzar a todos estes charlatáns, e vaite fora de Moaña, non queremos xente da túa calaña.
solidaria con Albariños
RE: OUTRO QUE VOLVE09-05-2008
Os sinvergonzas o son toda a vida, referente aos especuladores que queren seguir desfacendo á parroquia de Tirán, hai que expulsalos do pobo. E os políticos, haber si aprenden de unha puñetera vez, pois non se pode hipotecar e vender o territorio de Moaña para financiar o concello. Que busquen outras alternativas.
o tirano
RE: OUTRO QUE VOLVE12-05-2008
Tendes toda a razón é certo a parroquia de Tirán está ben como está, quizas faría falta soamente urbanizar os terrenos enriba da baixada a iglesia para aparcamento e un museo como figura no PXOM e nada máis xa que así tamén se anchea un pouco a estrada.
Agora sí, o que non se pode facer e cargarse 300 000 metros cadrados para 500 vivendas que non xerarían riqueza na vila, sabendo que a agricultura ten un futuro bastante bó, cos biocombustibles e novas fontes de enerxía.
Un
ACABEMOS CON ESTA VERGOÑA12-05-2008
A reprobación do PXOM de Moaña estaba cantado salvo para algúns iluminados que proclamaban os catro ventos, e presumían de que foi aprobado por consenso de toda-la corporación exhibindo-o como un fito histórico a nivel galego.Cóntenlle atodo o pobo porque cando ainda se estaba redactando o PLAN, xa vai para cinco anos,andaban comerciando con ALBARIÑOS polas portas, cando ainda non se sabía a calificación urbanística que ía ter. A isto se lle chama Sr Millán e Cia. tráfico de influencias e información privilexiada, menos mal que non estamos en MARBELLA, tal como ven rechazado da XUNTA, si usted Sr. Euloxio lle chama pequenos retoques a botar abaixo a mitade da edificabilidade prevista polo AXUNTAMENTO DE MOAÑA, é que é vd. un optimista compulsivo. Non a aberracións urbanísticas como a que se pretendía en ALBARIÑOS, sí a sostenibilidade urbanística e ambiental, quen queira vivir en BENIDORM que pida cambio de destino, MOAÑA nunca deberá ser SESEÑA, aquí sobran xentes coma PACO EL POCERO. Si seguisen as recomendacións da LOUG, o traxe sentaríalle a MOAÑA de película, sexan serios.
Pablo Nogueira Cancelas
ALBARIñOS, RESERVA DA BIOSFERA14-05-2008
Todolos veciños que se deixaron embaucar é firmaron o documento de opción de compra soobre as terras da que son propietarios en ALBARIÑOS, cegados pola avaricia e polo pouco tino xurídico, non se deron conta que ó que firmaron foi unha escritura (os que foron a notaría) infumable a todas luces, deixándose enganar e moi mal asesorados polos seus abogados. Sabedes queridos meus que ese documento ten cláusulas leoninas, e dicir ilegales, tragastes coma pin pins, non se sabe cando caduca, non podedes dispoñer das vosas propiedades a non ser que lle paguedes a os promotores o triple do que vos prometeron pagar e todo isto condicionado a aprobación do PLAN, así compro eu media España, con unha condición tan subxectiva, sometida a un futuro acontecemento como é a da aprobación do PXOM, vades a ter que esperar sentados isto vai pra longo e ALBARIÑOS terá que seguir sendo o que a XUNTA e a LOUG queiran, "LA AVARICIA ROMPE EL SACO", e por enriba non sabedes facer negocio, si fosedes un pouco listos tendríades parte dos cartos nos vosos bolsillos, e si non aprobasen o PLAN problema dos PROMOTORES, comprar sin cartos que fácil é, e ahora a sufrir por parvos.
nicanor de ardebullo
RE: OUTRO QUE VOLVE15-05-2008
Así me gusta. Si os nosos vellos volveran a algúns iban a roelas
teño un cacho en Albariño
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados