Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
read this
Indispensables
Donde ...
Guia
ANIMALADAS DE úLTIMA HORA23-02-2008
Hoxe lendo o xornal do PP, bueno, un deles, o Atlántico saía un artigo do Grandísimo Fervenza que me pon a pel de galiña.
Este individuo di agora que o PXOM, que tanto custou, que tantos cartos e esforzos levou, non o aprobaron eles, é decir o PP, que o PP de antes non é o de agora e polo tanto que o tema non vai con eles. Bueno, non fai falta ser moi listo para ver o trasfondo; ¿como que non son os mesmos se esta o palito mais Abal, os dous maiores trapicheiros que meteron a zoca no PXOM a queimaroupa, no seu partido e de concelleiros? ¿Non son os mesmos?, ¿non será que agora acordan rebentar todo simplemente por joder? ¿non será que lles acordou algunha cacicada nova e a queren incluir? porque gestido non está, pero... todos sabemos ben como fincionou o tema.
Este señor é un impresentable, indecente, ignorante, e si tivese a mais minima vergonza e coherencia política aceptaría o que seu partido firmou ¿ou vai por libre?, este tipo crese Dios e pode cambiar de opinión cando lle pete. POis ben, que siga así, ó final vaise vendo por qué ladra tanto o can.
POr certo, ¿segue a estudiar o tema de Albariños non? ¿Xa ten solución? seguro que unha porcentaxe e o suministro de pedra, si é que vaise vendo ó que andamos.
PD: O que non sei eu é como TRigo e Abal están tan caladiños, coa de favores que cobraron con este PXOM, estanse xogando moito.
PXOM


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ANIMALADAS DE úLTIMA HORA23-02-2008
Esta xente non entende máis que de meter cizaña.A súa irresponsabilidade é tal que non respectan os acordos do seu propio grupo. Pero visto o que fixeron en Santiago coa Lei do Galego non é de estranar...Entón o grupo municipal do PP da anterior lexislatura quenes eran? Porque Juncal e compañía calan agora? E o do Carlos Trigo non ten nome. Que caladiño estivo no último pleno mentres os seus compañeiros alentaban os propietarios de Albariños!
valery lobanovsky
RE: ANIMALADAS DE úLTIMA HORA24-02-2008
Non sei o que di o fervenza do pp pero como o pesoe,bng e pp a mesma merda é o que si e certo é que o pxom de moaña é unha cacicada máis destes partidos e un tema para favorecer a especulación, non hai que esquecer o convenio de castroviejo, as torres do vaticano, o ramil, a xunqueira etc. etc.etc. onde tamén estes listillos ( bng, pesoe, pp e inmo tamén ) queren recalificar solo protexido pola lei de costas e a louga para que os especuladores de sempre fagan o seu negocio a traveso dun pelotazo urbanístico, non soamente está a bolsa de solo de albariños senón tamén a gándara, a pandiña, a cruz da maceira, domaio etc.etc. etc. hai unha recalificación salvaxe de máis de 3000000 de m2 de solo protexido e para máis burla a cidadanía por parte do grupo de goberno do concello de moaña só hai que ver as respostas ás máis de 5000 alegacións presentadas ao pxom onde non se xustifica nin argumenta a desestimación das mesmas, como máximo limítanse no apartado comentario a dicir non se acepta a alegación
rodrigo
RE: ANIMALADAS DE úLTIMA HORA24-02-2008
Se este orberno especulara o de albariós estaría aprobado como solo limitado, e non está, eso quere decir que non son os cartos o que mais lle importa
veciña
RE: ANIMALADAS DE úLTIMA HORA25-02-2008
A modificación dun solo protexido a solo urbanizable limitado ou non limitado é especulación, e non sei como defendes aos grupos politicos do concello de moaña ao menos que sexas dalgun deles, xa que o que fala Rodrigo é ben certo (castroviejo, ramil, vaticano, a fraga ……….) encontramosnos ante unha especulación pura e dura
un veciño
RE: ANIMALADAS DE úLTIMA HORA25-02-2008
Isto vai mais alá de defender ou non defender, seguro que na elaboración había quen pedia moito mais chan urbanizable, e quen pedía moito menos, iso non o sabemos, pero o resutado final debe estar a medio camiño entre uns e outros, digo eu, se non non o firmarían todos. Tratase de que estes que non o aceptan son precisamente , case que seguro, da parte que pedía mais urbanizable, que pide que albariños sexa un pelotazo, e todo o demais que nomeas (snon non sairían agora defendendo ese proxecto), non esquenzamos quen "é" o presidente de empresarios e constructores, que as veces vaisenos da cabeza.
Outra cousa
RE: ANIMALADAS DE úLTIMA HORA26-02-2008
Totalmente dacordo contigo Rodrigo.
Veciña de Albariños
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados