Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://waucglobalaccreditation.org/
Indispensables
Donde ...
Guia
FALCATRUADAS DE PP E BNG06-05-2007
De repente apareceron as farolas de Cangas ocupadas pola cartelería de PP e BNG e as de Moaña polo PP. Non se trata de que non empezara legalmente a campaña, tratase de que a Lei establece unha distribución dos postes en función do resultado das eleccións anteriores. Estes xa ocuparon o que lle deu a gana en plan macarra. A cidadanía debería de ser moito máis exixente con actuacións como estas, ou co chorro de cartos públicos que gastan Quintana e Caballero en autobombo. Xa está ben de que se salten continuamente as leis que eles mesmos aproban.
Silencio


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG06-05-2007
En Moaña tamen bng e pp, non só o pp, do psoe hay poucas (tamen ten poucos votos respecto o pp e o bng) pero nas do psoe pon algo asi como "o teu voto vale", e home, eu creo que iso deberia considerarse como pedir o voto, o cal non se pode facer ata a campaña electoral
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG07-05-2007
e nuñez feijoo esqueceuseche,silencio
galiza nacion
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG07-05-2007
Efectivamente o reparto dos lugares onde colocar se ten que solicitar por escrito en función dun listado que a xunta electoral propón é a xunta electoral quen indica onde está concedido e cantos corresponden colgar, non é unha falcatruada senon seguir a lei, en función do nº de votos corresponden mais ou menos e xa se poden colocar sempre que non indiquen "vota". So largades por largar
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG07-05-2007
en cangas eu mirei,6 ou 7 farolas ocupadas polo bng, o resto todas farolas dende o concello asta o muelle de pasaxeiros, por alianza popular(PP) e todalas cabinas telefonicas polo psoe.Por certo sotelo quedanche20 dias de desgoberno.
galiza nacion
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG07-05-2007
O que esta a incumpli-lo concedido e o PP que ocupou mais das que lle corresponde, invadindo lugares destinados aos outros partidos pero é que están acostumbrados a "ocupar" o que queren e cando queren, coa complicidade dos ignorantes que os reelixen. Outra vez Sotelo non, por favor, sentidiño o ir votar.
Beirarua
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG08-05-2007
silencio columpiacheste ben,le a prensa de hoxe.
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG08-05-2007
Sigo decindo que non é aceptable que os partidos que as as leis sean os primeiros en incumplilas. É unha macarrada, se mire como se mire, que os postes esten completamente ocupados varios días antes da campaña. Lamento que os militantes destes partidos sean tan serviles e tan pouco críticos.
Silencio
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG08-05-2007
Pouco criticos? Es ti crítico co titulo empregado nesta denuncia? Iso non e criticar e desprestixiar e faltar a verdade.
Beirarua
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG09-05-2007
Beirarúa e Galiza nación, ¿seica sodes os blqueiros de garda para os foros de internet? Porque estes días estades choiando abondo, a verdade.
Por certo, ¿onde viches ti 6 ou 7 farolas en Cangas ocupadas polo BNG? Xa serán un bo feixe máis. Agora que sodes novos ricos... colledes os mesmos vicios que antes criticabades dos outros.
O problema é que vós aínda tedes a santa cara de xustificarvos e seguir acusando aos demais, como se estivesedes por enriba do ben e do mal.
AMEIXOADA INDP.
RE: FALCATRUADAS DE PP E BNG09-05-2007
ameixoada indep. que che pasa estas nervoso ou que, onde miraches ti mais propaganda do bloque colgada nas farolas, e ademais non e unha cacicada, ou ti sabes cantas farolas lle corresponden a cada quen e, entroques o psoe si puso a sua propaganda pedindo ovoto en cangas iso pasousevos por alto nonsi? e o candidato do pp en moaña tamen fixo o mesmo co do psoe; e eu non son defensor de ninguen porque non criticades os demais e so o bloque.
G
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados