Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://wcces2010.org/
Indispensables
Donde ...
Guia
MENOS CEMENTO E MÁIS PRAIA03-05-2007
Haz click para ampliar A Plataforma para a Conservación do Litoral de Bueu, ANDUXÍA, realizou unha pegada masiva de carteis con este lema para denunciar a enorme pantalla visual na costa que están a xerar os novos departamentos para usuarios que Portos de Galicia esta a construír no Porto de Beluso (Bueu).

MENOS CEMENTO:

· A altura e dimensións desta edificación son unha barbaridade paisaxística sen sentido que non responden a ningunha demanda social nin veciñal. So se pediron unhas pequenas instalacións para usuarios do porto e non unha “Cidade da Cultura” na beira do mar.

· Ademais a fotomontaxe inicial facilitada o público por Portos de Galicia resultou enganosa xa que semellaba o edificio seguía a liña da carreteira e ía pegado o talud, polo que non causaría ningún tipo de pantalla visual (“resolve o corte do talud xerando unha continuidade física co litoral”. Comunicado de prensa de Portos de Galicia 12.05.06) .

A realidade é moi distinta xa que o edificio ten enorme muros laterais de cemento, de ata 11 metros de altura, que tapan totalmente as vistas sobre a ría dende boa parte da praia de Beluso. Sen dúbida os mais afectados son os veciños que viven por riba do porto, que despois de centos de anos vendo o mar, agora so ven columnas e paredes de cemento coma se deran a un patio interior.

· Dáse o caso que os veciños da praia de Beluso teñen problemas ata para cambiar un tellado mentres a propia administración galega a través de Portos de Galicia constrúe esta mole de cemento na primeira liña da costa tapándonos o mar, ¿onde están entón as leis da paisaxe e a blindaxe do litoral?

· A todo esto súmase que esto se constrúe con cartos públicos para despois alugar os departamentos os distintos tipos de usuarios (mariñeiros, club náutico, etc.). De feito a Portos de Galicia hai que pagarlle ata por instalar a carpa da festa nos “seus” recheos

MAIS PRAIA:

· Por riba este edificio faise sobre os recheos gañados o mar dun porto, construído no ano 2001, que esta a causar gravísimos danos sobre a fermosa praia de Beluso colindante.

· Seis anos despois Portos de Galicia en vez de buscar solucións a esta desfeita ecolóxica, emprega 1,6 millóns de euros públicos en agasallar os veciños da praia de Beluso cun “artístico edificio” que nos ten que semellar mais bonito que o mar.

Por ultimo, e ante a proximidade das eleccións municipais, queremos reprochar aos políticos locais ter esquecida totalmente a praia de Beluso, ata o punto que nos dous anos que levamos denunciando a degradación que sofre este emblemático areal de Bueu, ninguén dixo unha palabra ó respecto.
Anduxia


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MENOS CEMENTO E MÁIS PRAIA04-05-2007
Yo creo que es excesivo lo que alli se construye, y que no se puede confundir unas casetas cuya construcción podría ser incluso desmontable, o provisional, con una imagen de edificio mas imponente, y que resta panoramas sobre la ria.
JOSE RIAL
RE: MENOS CEMENTO E MÁIS PRAIA09-05-2007
o peor de todo é a hipocresía do BNG de Bueu, cando fixeron as casetas do muelle de Bueu, como gobernaba o PP na Xunta protestaron a mais non poder, ata botaban as tripas, e agora estan todos caladiños, como está quen está na Xunta todo esta ben, pandilla de sinvergonzas
anonimo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados