Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://extralifeak.org/help-writing-an-essay-introduction/
Indispensables
Donde ...
Guia
APOIO DO FORO SOCIAL á CONCENTRACIóN DE MAñáN POR UNHA VIVENDA DIGNA23-03-2007
Na reunión semanal dos xoves do Foro Social de Cangas se decidiu apoiar á convocatoria feita para mañán sábado as 17 horas diante do Concello na reivindicación dunha vivenda digna.
A convocatoria forma parte dunha serie de mobilizacións convocadas a nivel estatal e está organizada en Cangas pola Asociación Cultural A Tiradoura, integrada no Foro, e a Asociación Cultural Afartacáns, nova asociación de Liméns.
A xuventude reclama a aplicación do artigo 47 da Constitución española, no que se proclama o dereito a unha vivenda digna. Coa falta de vivenda de promoción pública e o alto prezo da vivenda de oferta privada, o acceso a unha vivenda digna pasa pola sinatura de asfixiantes hipotecas que converten aos xoves en pseudo-escravos de entidades financieiras que están a obter beneficios desorbitados.
A promoción de vivendas, debido ao seu poder económico, está aumentando alarmantemente as desigualdades sociais, e esta manipulando ó poder político, impedindo que este vele polo ben común e inducíndoo muitas veces á corrupción e enriquecemento ilícito, ademais de estar desviando inversións que deberían dedicarse á innovación técnica e á formación laboral.
En Cangas temos os exemplos do aberrante plan xeral proposto polo alcalde Sotelo, deseñado para favorecer concretos intereses particulares ou a actitude da financieira Caixanova, querendo recalificar para beneficio propio a zona industrial e de esparcimento do Salgueirón.
Vos agardamos mañán
FORO SOCIAL DE CANGAS
>> Ampliar datos foro social de Cangas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: APOIO DO FORO SOCIAL á CONCENTRACIóN DE MAñáN POR UNHA VIVENDA DIGNA23-03-2007
dende asociacion musical Deskarga furtiva tamen queremos dar todo o noso apoio a esa concentracion de Mañan
deskarga furtiva
RE: APOIO DO FORO SOCIAL á CONCENTRACIóN DE MAñáN POR UNHA VIVENDA DIGNA23-03-2007
SALVEMOS MASSÓ!!!
Bolxevique
RE: APOIO DO FORO SOCIAL á CONCENTRACIóN DE MAñáN POR UNHA VIVENDA DIGNA23-03-2007
EU tamen apoio o que haxa capoiar sempre que isto lle fastidie a Sotelo. Ali estarei coas empanadas
EUonardito
RE: APOIO DO FORO SOCIAL á CONCENTRACIóN DE MAñáN POR UNHA VIVENDA DIGNA23-03-2007
SALVEMOS MASSÓ!!!
EU.
APOIO DA ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS Á CONCENTRACIÓN DE MAÑÁ23-03-2007
Dende a ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS queremos mostrar tamén o noso apoio á concentración.
O acceso a unha vivenda digna é un dereito fundamental das persoas ( o mesmo que o dereito ao traballo, a unha sanidade en condicións, o acceso á educación e á cultura e aos servizos básicos que constitúen os piares dunha calidade mínima de vida)
Evidentemente, iso non casa con quen ve na construción e promoción de edificios unha maneira de especulación e lucro fácil e vincula o urbanismo salvaxe co "progreso" (por suposto, progreso para eles, os especuladores e os animadores e "consentidores").
Mobilizacións coma esta do sábado son imprescindibles e demostran que non é tan doado pisotear a dignidade da xente se esta mansamente non se deixa pisar.

¡NON Á ESPECULACIÓN! ¡POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA E ASEQUIBLE!
ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS
RE: APOIO DO FORO SOCIAL á CONCENTRACIóN DE MAñáN POR UNHA VIVENDA DIGNA24-03-2007
Non me gusta o estilo que está utilizando o Foro nos seus comunicados.
Estilo panfletario e superficial, evidenciando unha grave falta de reflexión e de comprensión do problema da vivenda, e aínda por riba utilízase unha iniciativa tan importante e profunda como a rebelión por un dereito elemental, para facer demagoxia e reconducir o tema cara a fixacións persoais e colateral-es.

Esta ben sumarse ás ideas e das iniciativas dos demais cando se senten como importantes, intégranse nun compromiso persoal e crese nelas, pero non cando simplemente utilízanse para facer demagoxia, manipular cara a unha dirección e disfrazarse de solidario.

Por certo: o problema da vivenda non é problema da Mocidade, é un problema de miles de persoas en todo o mundo.
E aquí, en Cangas, por cada terreo que se vende para edificar pisos que soamente poderán comprar os foráneos se esta contribuíndo á maior estupidez creada pola avaricia humana: A perda do patrimonio.
Hai que saber que : cada euro investido na compra dun pisito a prezos inxustos, é un chanzo sen retroceso cara á pobreza dos menos favorecidos e cara á pobreza espiritual dos insolidarios ?.
¿Como poderemos vivir nunha sociedade cun dilema tan elemental?, ¿Que pobreza é a mais terrorífica?
Señores do Foro, que bonito pregoar mentres se vive da especulación. Que bonito.
RE: APOIO DO FORO SOCIAL á CONCENTRACIóN DE MAñáN POR UNHA VIVENDA DIGNA24-03-2007
Será que os que venden as terras no fondo non llas merecen?
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados